O Padroado da Fundación Cetmar, reunido nunha xuntanza de carácter ordinario en Vigo, aprobou a incorporación da
Secretaría xeral de Pesca Marítima, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e as consellerías de Educación e Medio Ambiente ao seu Padroado. A inclusión destes novos membros vén a reforzar a posición de intermediación e neutralidade da que fai gala o Cetmar, que conta cun
equipo profesional que lle permite desenvolver con vantaxes tarefas que poidan repercutir positivamente sobre o conxunto da I+D galega. Deste xeito, entre os principais obxectivos do centro tecnolóxico atópase nestes intres a elaboración do proxecto Cidade do Mar, que convertirá a Vigo
nun auténtico referente mundial en investigación mariña. O Cetmar, pola súa condición de organismo galego encargado da coordinación da investigación marítimo-pesqueira na comunidade autónoma, é o encargado de liderar esta iniciativa prioritaria para o Goberno galego.
Parlalelamente á posta en marcha deste proxecto, a Fundación Cetmar sigue a desenvolver o seu traballo, especialmente o que ten que ver con iniciativas que requiran interdisciplinariedade e conexión con empresas.
A fundación desenvolve tamén tarefas de axencia a través de servizos de información, difusión e asistencia técnica, incluindo e resaltando o ámbito internacional, e participa ademais na intermediación en plataformas tecnolóxicas.
Entre as actuacións preferentes do Centro Tecnolóxico do Mar, que aprobou a incorporación de tres novos membros, son a elaboración, tratamento e xestión de bases de datos, a evaluación medioambiental, con análisis de impactos e xestión de zonas osteiras, así como a búsqueda de alternativas socioeconómicas para poboacións e zonas costeiras e o
traballo vinculado ás novas enerxías que redunden nun aforro enerxético para o sector pesqueiro.
Noutros ámbitos, a Fundación Cetmar actúa en mercados, a través da búsqueda de novos produtos, e no desenvolvemento de plans de formación marítimo pesqueira que contemplen posibilidades de adaptación ás necesidades actuais. A cooperación internacional é outro dos eixes da actividade do centro, que colabora con terceiros países por medio de cursos
de formación, transferencia de coñecementos e tecnoloxías ou identificación de proxectos en países clave.
Son beneficiarios da actividades do centro dirixido por Manuel Varela todos os sectores públicos e privados da Unión Europea e de terceiros países vinculados ao mar e aos seus produtos tanto da pesca como do marisqueo e da acuicultura.
As entidades que se incorporan hoxe de forma oficial ao Padroado da Fundación, hai que engadir os que xa estaban: a Consellería de Pesca, o Ministerio de Educación e Ciencia, a Consellería de Innovación e Industria, o Instituto Español de Oceanografía, o Centro Superior de Investigaciones Científicas, as tres universidades galegas e a Asociación Nacional de
Fabricantes de Conservas (Anfaco).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.