Notas de prensa

A Concellería de Xuventude de Cangas edita 1.000 copias do disco Directo Xove 06

O cd mutimedia recolle temas e información sobre as doce bandas locais participantes no proxecto.

O Concelleiro de Xuventude de Cangas (Pontevedra), José Luis Gestido Porto, presentou o disco ‘Directo Xove 06’ nun acto no que tamén participou o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, e os representantes dos grupos que tocan este ano no programa. O departamento municipal editou 1.000 copias do cd multimedia, que reúne doce cancións, unha por cada banda participante, así como información sobre os grupos e o proxecto.

José Luis Gestido destacou na presentación o “aumento de participación” que rexistrou esta terceira edición do Directo Xove, con novos grupos e gran asistencia de público ós concertos dos venres. O Concelleiro de Xuventude salientou ademáis a “alta calidade musical” das bandas, con niveis cada vez máis elevados, e “a implicación e colaboración” que se xestou entre os distintos grupos e coa organización. Gestido indicou que eses aspectos son precisamente os que pretende impulsar o Directo Xove, servindo tamén como proxección para as bandas noveis. Coa edición do cd e co Festival que se celebrará venres e sábado no aparcamento de Rodeira péchase o programa de dinamización cultural, que se retomará o vindeiro ano.

O alcalde de Cangas incidiu en que o Directo Xove “é unha iniciativa pioneira” e recalcou que “cando se repite durante tres anos consecutivos é porque se trata dun proxecto consolidado”. Non obstante, Sotelo apostó por “seguir traballando para mellorar e corrixir os posibles defectos” en vindeiras edicións.

Por último, Salvador García Cal, de Radio Vigo, deulles a “noraboa” a participantes e organizadores pola iniciativa e animou ó Concello a continuar con este tipo de proxectos “tan necesarios”. As bandas que mañá e pasado tocarán no Festival Directo Xove intervirán o sábado no programa El Maketón Estrella Galicia, que 40 Principales emitirá en directo dende Rodeira.

Cancións de variados estilos

NotaO disco ‘Directo Xove 06’ recolle un tema de cada unha das doce formacións musicais de Cangas que participan no proxecto. As cancións, gravadas en Estudios Darbo por Marcos González Ferral, son: ‘Dando lo mejor de mí’, de Estado Puro; ‘Alma escocida’, de Dos pelos Negros, ‘Tu prisión’, de Malas Pulgas; ‘All you need to know’, de Thunn!; ‘Limits of time’, de Fly Bronze Lines; ‘The day’, de Dátrebil; ‘Hits’, de J!t; ‘Tejero’, de Fíjado Korroído; ‘Limando o porto de Roberto’, de Ludovaina; ‘Grita’, de Lavorda; ‘Agnóstico’, de Dianoia, e ‘La bienvenida’, de Éxodo.

O cd ‘Directo Xove 06’ non se vende, senón que se repartirá de xeito gratuíto a través dos grupos e estará tamén dispoñible na Casa da Xuventude de Cangas. A Concellería remitirallo ademais a diferentes produtoras do Estado para promocionar as bandas locais.

Concello de Cangas, 2006-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES