Notas de prensa

Xunta e Unión Fenosa manteñen unha reunión co obxectivo de reforzar os proxectos da compañía en Galicia

O conselleiro de Economía destacou o clima de colaboración intensa entre a compañía e a Xunta de Galicia.

A Consellería de Economía e Facenda acolleu unha reunión entre o titular do departamento, José Ramón Fernández Antonio; o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; e o vicepresidente e conselleiro delegado de Unión Fenosa, Honorato López Isla, acompañado polo delegado da compañía eléctrica en Galicia, Luis Díaz López. Con esta reunión a Xunta de Galicia e a empresa avanzaron no obxectivo de reforzar os proxectos da compañía en Galicia e afondar na súa relación co tecido produtivo e a sociedade galega.

No ámbito da reunión incluíronse temas de interese mutuo en relación coa actividade da empresa e cos proxectos de investimento da mesma en Galicia. O conselleiro de Economía destacou o “clima de colaboración intensa de Fenosa coa Xunta de Galicia” e subliñou a “boa disposición da compañía para colaborar” coa Administración en diferentes ámbitos. Fernández Antonio citou, entre outras, a colaboración en materia de desenvolvemento sostible nas áreas onde a firma conta con embalses e centrais hidroeléctricas. Tamén indicou outras áreas de investimento da eléctrica nos sectores das telecomunicacións e proxectos vinculados á sociedade da información, en alusión ao proxecto de creación dunha factoría de software.

En canto aos espectos tributarios, e dentro do conxunto de estudos que a consellería fai neste ámbito, Fernández Antonio fixo referencia específica ao marco medioambiental onde, segundo indicou, existen posibilidades de creación dun tributo medioambiental “vinculado ao uso da auga” nas centrais hidroeléctricas. Lembrou, neste sentido, que se trata dun tema que corresponde á Xunta e indicou que, nun sentido máis amplo, o proceso se enmarca no da propia revisión do Estatuto e mesmo na revisión do sistema de financiamento autonómico.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES