Notas de prensa

Os territorios en conflito protagonizan o II Foro Internacional de Fotoxornalismo e Sociedade: Revela 06

Presentado o Programa Oficial con gran presenza de fotoxornalistas internacionais.

Palestina, Iraq, Congo, Sudán, Chechenia, Sahara e Haití; 53
destacados fotoxornalistas internacionais; 5 das principais axencias de información do mundo: Reuters, Cover, Panos Picture, Cosmos e Efe; 12 debates, talleres e proxeccións comentadas con conexión en directo con fotógrafos en zonas de guerra, son algúns dos contidos do II FORO INTERNACIONAL DE FOTOXORNALISMO E SOCIEDADE, REVELA 06, que baixo o nome de “Territorios en conflito” se celebra en Oleiros e A Coruña, do 29 de xuño ó 19 de xullo de 2006.

O Programa Oficial foi presentado polo fotógrafo Xosé Abad, director de REVELA, que destacou a excelente acollida internacional desta segunda edición, con máis de 300 imaxes de prestixiosos fotoxornalistas de todo o mundo. O acto estivo presidido polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane e diversos organizadores de REVELA.

Tamén e participaron o Director Xeral de Acción Socio Cultural da
Fundación Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias e o Patrono da Fundación Paideia, José Leyte Verdejo e a Delegadas Provincial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, Esther González Saavedra e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Milagros Lantes Seara, así como outros colaboradores do foro.

“A diáspora palestina”, do fotógrafo valisoletano Alfonso Moral,
proxecto seleccionado o pasado ano coa bolsa de 12.000€, e sobre o cal xira tematicamente Revela 06 baixo o nome de “Territorios en conflito”, é unha das 8 exposicións fotográficas que se realizarán nos parques, prazas e vías públicas de Oleiros e que buscan impactar, provocar a reflexión e, por suposto, o debate sobre algúns dos conflitos cos que convivimos.

Espazos públicos expositivos

Espazos públicos onde iraquís, congoleños, sudaneses, chechenos,
saharauís e haitianos se tornan protagonistas a través do traballo sempre comprometido de fotoxornalistas como Teun Voeten, Frederik Naumann ou Crispin Hughes da axencia británica Panos Picture, de Akram Saleh, Alí Jasim, Paul Hanna, Enrique Shore ou Juan Medina da tamén británica Reuters, Gabriel Tizón e Carlos de Andrés de Efe e Cover, respectivamente, e mais do fotógrafo vigués Javier Teniente.

REVELA 06 terá 3 foros sociais de debate onde vítimas, fotógrafos, xornalistas, intelectuais e público asistente afondarán nas causas de “Os territorios en conflito” e buscarán solucións, saídas pacíficas e respectuosas cos dereitos humanos. Cabe destacar a presenza do xornalista Jon Sistiaga, de Santiago Carrillo, ou do escritor e xornalista Manuel Rivas entre outros persoeiros.

Iraq en directo

Na Fundación Caixa Galicia da Coruña, a axencia Reuters fará unha
conexión en directo con todos os seus correspondentes de guerra
destinados en Iraq. Unha experiencia única que permitirá ó público asistente comprender o risco da cobertura informativa da noticia e a transmisión en tempo “real” dende unha zona de guerra.

Haberá 6 proxeccións comentadas onde os seus autores explican as
claves de cada reportaxe, as experiencias do traballo de campo e as dificultades de mergullarse nun territorio en conflito. Autores como Xulio Villarino da axencia Cover e premio Ortega e Gasset, David Beriain, correspondente de guerra de La Voz de Galicia, Walter Astrada premio Luís Valtueña de Fotografía Humanitaria, Luís López “Gabú” entre outros, con reportaxes de Kosovo, Timor, o Vodú,...

Cada ano REVELA conta coa xenerosa colaboración de fotógrafos de
prestixio internacional que comparten os seus coñecementos,
experiencias, técnica e principios éticos e creativos co público que participa de forma gratuíta. Esta edición os talleres contarán con Alfonso Moral, Teun Voeten, Enrique Shore e Juan Medina.

Nesta edición de REVELA NA ESCOLA, ademais da participación dos
centros de secundaria de toda Galicia reservarase un lugar nas
exposición en espazos públicos para a inclusión dos mellores traballos realizados polos mozos e mozas.

Percorrido por Galicia

Tras a finalización do II Foro Internacional de Fotoperiodismo e
Sociedade REVELA 06, as 7 exposícións denominadas "Territorios en
conflito", baixo o padroádego da Fundación Caixa Galicia, percorren as principais cidades de Galicia, estando confirmada a súa presenza en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense.

O 30 de xuño de 2006 péchase o prazo de presentación de proxectos para acceder ós 12.000€ da Bolsa de Produción Fotográfica de
Revela. Proxectos de fotorreportaxe inéditos, que sirvan para
denunciar situacións de violencia, desigualdade, perigo ou dano
ecolóxico, marxinalidade ou calquera situación de inxustiza. O autor do proxecto seleccionado polo xurado disporá de 10 meses para a súa realización e, en torno á súa temática construirase a edición REVELA 07 do FORO INTERNACIONAL DE FOTOXORNALISMO E SOCIEDADE.

Juan Carlos Deus (Revela Comunicación), 2006-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES