Notas de prensa

O catedrático José Luis Carro ingresa na prestixiosa Societas Iuris Publici Europaei

A SIPE reúne no seu seno á elite xurídica europea do Dereito Público.

A prestixiosa Societas Iuris Publici Europaei (SIPE) acordou por unanimidade, na súa recente sesión de Viena, o ingreso nesta do profesor José Luis Carro Fernández-Valmayor, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago. A xuntanza celebrouse baixo o alto patronazgo do canciller federal da República austríaca e actual presidente do Consejo Europeo.

A SIPE, fundada en 2003 e con sede na cidade alemá de Göttingen, reúne no seu seno á elite xurídica europea do Dereito Público e ten como finalidade a discusión e clarificación científicas dos grandes temas que, neste eido, preocupan actualmente aos países da Unión Europea. En canto asociación académica de recoñecida excelencia, a admisión dos seus membros lévase a cabo tras un rigoroso procedemento de selección de ámbito europeo.

O profesor Carro, proposto no seu día por relevantes profesores europeos, é ata o momento dos poucos españois que obtiveron tan importante distinción.

Gabinete de Comunicación da USC, 2006-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES