Notas de prensa

A iniciativa lexislativa popular para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, aprobada definitivamente no Parlamento de Galicia

O 21 de Febreiro deste ano o Parlamento Galego tomaba en consideración, cos votos a favor do PSOE e do BNG, a “Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”.

Na historia do Parlamento Galego era a primeira iniciativa lexislativa popular, con texto de lei, en ser tomada en consideración. Esta Iniciativa Lexislativa Popular quedou aprobada definitivamente polo Parlamento Galego cos votos a favor dos tres grupos parlamentarios, BNG, PSOE e PP, convertíndose tamén na primeira proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular en ser aprobada polo Parlamento Galego

A Comisión Promotora desta ILP, -en nome das asociacións, sindicatos e partidos políticos que teñen suscrito esta iniciativa; en nome de todos e todas os que teñen axudado á recollida de sinaturas e en nome dos case 40.000 electores e electoras que co seu voto fixeron posíbel que esta iniciativa chegase ao Parlamento-, queremos expresar a nosa máis sinceira satisfacción pola aprobación dun texto de Lei que, a partir dagora, obriga ás administracións públicas galegas á garantir a protección, conservación e mellora do “patrimonio natural fluvial, incluíndo a biodiversidade da flora e da fauna dos ríos galegos, así como o patrimonio etnográfico e histórico relacionado.”

à vista do texto que a Comisión segunda, -de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Meio Ambiente e Servizos-, trasladou ao Pleno do Parlamento, para logo de ser debatida no día de hoxe e aprobada por unanimidade, a Comisión Promotora da ILP valora moi positivamente  que o BNG, integrante desta Comisión Promotora, non presentara ningunha enmenda ao texto orixinal, así como o traballo realizado polo resto da Comisión durante o trámite de ponencia interpretando con acertada sensibilidade os obxectivos da iniciativa lexislativa:

-Logrouse, por unha parte, millorar en moito as enmendas que inicialmente tiñan presentado os grupos parlamentarios do PSOE e do PP;

-E por outra, conqueríuse incorporar ao grupo parlamentario do PP a esta iniciativa de Lei.

Temos que valorar tamén máis que positivamente a axilidade do Parlamento no trámite desta iniciativa, axilidade que nós queremos interpretar como o compromiso inequívoco de todo o Parlamento e tamén do governo Galego cunha política hidraúlica que, como queda recollido no artigo primeiro da Lei, fixa as súas prioridades, non na promoción dos graves impactos dos aproveitamentos hidroeléctricos, senón na protección, conservación e mellora do patrimonio natural dos nosos ríos.

A partir de agora os ríos galegos contan cunha Lei que define novas prioridades e fixa novos obxectivos. A partir de hoxe teñen o Parlamento e o Governo Galego o compromiso de desenvolver esta Lei mediante a elaboración e aplicación dos Plans, programas e medidas que nela se recollen. Confíamos que a vontade do Parlamento e do governo galego, expresada nesta votación de hoxe, non tarde en facerse efectiva, empezando pola revisión do plan hidrolóxico e do sector hidroeléctrico, e continuando coa posta en marcha dos plans e programas de saneamento integral dos ríos e os plans de restauración e mellora dos ecosistemas fluviais que os novos plans hidrolóxicos han de recoller. Confiamos, en fin, en que, tanto dende o Parlamento como dende o governo galego, non falte sensibilidade para axilizar a posta en marcha da nova cultura da auga recollida na Lei nen falten tampouco os meios económicos cos que levala a cabo. Dende a comisión promotora da ILP seguiremos insistindo en que isto sexa unha realidade canto antes.


Adega , 2006-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES