Notas de prensa

A Junta de Castilla y León avala a prohibición de falar galego na escola de Lubián

A Mesa agasalla unha caixa de DVDs e banda deseñada aos escolares de Lubián e exíxelle á Junta de Castilla y León que finalice a “intolerábel prohibición” do galego.

Na escola de Lubián, concello galego-falante pertencente á provincia de Zamora, os nenos e as nenas teñen prohibido falar galego. A situación non é nova, pois xa no ano 2002 unhas familias denunciaran aos medios de comunicación que un neno e unha nena recibiran o castigo por parte do profesor de escribir duascentas veces “No hablaré gallego en clase”.

Na actualidade, a prohibición de utilizar o galego continúa e é xustificada como unha “medida pedagóxica” por parte do director do centro. A Mesa considera “aberrante” que un profesor poida considerar pedagóxico “minusvalorar e prohibir a lingua propia”, pois “ademais de antipedagóxico, supón unha vulneración de dereitos fundamentais”.

O 6 de xuño, o procurador (deputado) do PSOE Felipe Lubián preguntoulle ao Goberno da súa comunidade autónoma por esta situación. Nese Pleno de las Cortes de Castilla y León, o Consejero de Educación avalou e defendeu a prohibición do uso do galego: “En la escuela se habla castellano y el gallego se habla fuera o en los recreos”.

O Presidente da Mesa, Carlos Callón, dirixiuse por carta ao Presidente da Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera Campo, e ao Consejero de Educación, Francisco Javier Álvarez Guisasola, para lles reclamar que “finalice esta intolerábel prohibición do galego” e se cumpra o artigo 4.2 do Estatuto desta comunidade que di: “Gozarán de respecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticas nos lugares en que habitualmente se utilicen”. Ademais, Callón lembra que esta interdición supón ir “contra dereitos humanos elementais, recoñecidos en tratados internacionais subscritos polo Estado español”.

A Mesa agasalla unha caixa con DVDs, banda deseñada, camisetas, etc, a cada neno e nena de Lubián, para que coñezan diversas producións culturais que se realizan en galego e para que se “sintan orgullosos da lingua que lles prohiben falar”.

Traducción al castellano:

En la escuela de Lubián, ayuntamiento gallego-hablante perteneciente a la provincia de Zamora, los niños y las niñas tienen prohibido hablar en gallego. La situación no es nueva, pues ya en el año 2002 unas familias habían denunciado en los medios de comunicación que un niño y una niña habían recibido el castigo por parte del profesor de escribir doscientas veces “No hablaré gallego en clase”.

En la actualidad, la prohibición de utilizar el gallego sigue y es justificada como una “medida pedagógica” por parte del director del centro. A Mesa pola Normalización Lingüística, una organización ciudadana que trabaja en la defensa del gallego, considera “aberrante” que un profesor pueda considerar pedagógico “minusvalorar y prohibir la lengua propia”, pues “además de antipedagógico, supone una vulneración de  derechos fundamentales”.

El 6 de junio, el procurador del PSOE Felipe Lubián le preguntó al Gobierno de su comunidad autónoma por esta situación. En ese Pleno de las Cortes de Castilla y León, el Consejero de Educación avaló y defensió la prohibición del uso del gallego: “En la escuela se habla castellano y el gallego se habla fuera o en los recreos”.

El Presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, se ha dirigido por carta al Presidente de la Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera Campo, y al Consejero de Educación, Francisco Javier Álvarez Guisasola, para reclamarles que “finalice esta intolerable prohibición del gallego” y se cumpla el artículo 4.2 del Estatuto de esta comunidad, que dice: “Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen”. Además, Callón recuerda que esta interdicción supone ir “contra derechos humanos elementales, reconocidos en tratados internacionales suscritos por el Estado español”.

A Mesa pola Normalización Lingüística va a regalar una caja con DVDs, cómics, camisetas, etc, a cada niño y niña de Lubián, para que conozcan diversas producciones culturales que se desarrollan en gallego y para que se “sientan orgullosos de la lengua que les impiden hablar”.

A Mesa pola Normalización Lingüística, 2006-06-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES