O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, presidiu a cerimonia de entrega dos premios correspondentes á IV edición do Premio Galicia Innovación Junior. O acto tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela e estivo amenizado polos personaxes da serie televisiva “Pepe, o inglés”, que prepararon para a ocasión un ameno espectáculo teatral cunha elevada compoñente lúdica.
A filosofÃa da serie da TVG está estreitamente ligada aos obxectivos do premio e o seu protagonista, o actor galego Miguel de Lira, interpreta na serie o papel dun mecánico retirado con manÃas de inventor que leva unha vida caótica argallando artificios no seu taller. Iniciativa, creatividade e capacidade de inventiva conviven, xa que logo, na pel deste personaxe e son tamén tres das cualidades que posúen os gañadores desta cuarta edición dos premios.
O Premio Galicia Innovación Junior é un certame convocado pola ConsellerÃa de Innovación e Industria coa finalidade de estimular o espÃritu creativo e a capacidade innovadora dos xoves galegos valorando, sobre todo, a aplicación dos coñecementos adquiridos na vida académica. A esta cuarta edición dos premios presentáronse un total de 238 inventos chegados de centros de ensino de toda Galiza, dos que se premiaron 16. O certame consta de dúas categorÃas: unha destinada a rapaces de 12 a 15 anos e outra para os xoves de idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos.
SISTEMA ANTIGORGOLEXOS PARA RECIPIENTES REXEITABLES
Polo que respecta á categorÃa de 12 a 15 anos, o gañador foi o xove sarriao Efrén López Ferreiro, que recibiu un ordenador portátil e unha cámara de fotos dixital. O invento que o fixo merecedor do galardón é un sistema antigorgolexos para botellas, bricks ou calquera outro recipiente rexeitable. Unha idea que partiu dunha situación cotiá e dunha pregunta que se plantexou este rapaz: “¿E que acaso a ninguén lle caeu nunca o leite por riba da mesa cando o está botando?”. Efrén animouse a pór en marcha a iniciativa, “farto de pór sempre a mesa da cociña pingando” e pensou nunha solución que el mesmo define como “sinxela, pero non por iso menos importante”. Efrén López asegura que unha das caracterÃsticas máis salientables da súa proposta é a facilidade de montaxe e as posibilidades de comercialización. (O número de contacto de Efrén López é o 982.53.10.75)
Polo que respecta á categorÃa de 16 a 18 anos, o gañador foi o xove compostelán Alejandro Rivero de Aguilar Pensado, que presentou ao certame un sistema de guiado destinado aos condutores que teñan algún tipo de discapacidade auditiva. Alejandro Rivero partiu da realidade actual que existe nos paÃses occidentais, onde se permite a condución ás persoas con pérdida auditiva e tamén do feito de que, hoxe en dÃa, segue sen haber unha solución para o principal problema co que se atopan as persoas xordas á hora de conducir: a incapacidade de percibir información sonora procedente do exterior.
O sistema que propón permite transformar as sinais acústicas procedentes do exterior en información lumÃnica. Deste xeito, o condutor pode coñecer non só a procedencia do son, senón tamén a súa intensidade, grazas ao emprego de diferentes cores nos indicadores luminosos. Alejandro Rivero gañou un ordenador portátil e un i-POD. (O número de contacto de Alejandro Rivero é o 981.59.64.51).
Asà mesmo, e co obxectivo de premiar a colaboración prestada polos centros educativos no desenvolvemento destes proxectos, os departamentos aos que pertencen os profesores que axudaron aos gañadores dos dous primeiros premios recibiron 600 euros en material inventariable. Trátase do departamento de Ciencias do Colexio Nosa Señora da Asunción de Sarriá (Lugo), na categorÃa de 12 a 15 anos, e do departamento de TecnoloxÃa do I.E.S. RosalÃa de Castro de Santiago de Compostela, na categorÃa de 16 a 18 anos.
Os segundos premios de cada categorÃa recaeron na viguesa RocÃo Lusquiños Ballesteros (12 a 15 anos) e na amesá Casandra Gómez Casal (16 a 18 anos). Recibiu, cada unha delas, un ordenador portátil. RocÃo Lusquiños presentou ao certame o invento “Vision phone”, que consiste nunha pequena lupa para aumentar a visión da pantalla do teléfono móbil. O aparello está dirixido ás persoas de idade avanzada e/ou con problemas de visión. (O número de contacto de RocÃo Lusquiños é o 986-37.84.45)
O proxecto de Casandra Gómez consiste nun novo sistema de peche para bolsas de pan de molde. Casandra propón dotar a estas bolsas dun “esquelete” para que o usuario poida abrilas e pechalas cun simple xiro de muñeca. A inventora asegura que este sistema poderÃa ser válido tamen para as bolsas de patacas fritas e demáis envases en bolsa. (O número de contacto de Casandra Gómez é o 605.10.70.81)
GAÑADORES DOS SEIS ACCÉSITS (CategorÃa de 12 a 15 anos)
Cada categorÃa dos premios está dotada, ademais, con seis accésits que recibiron, no primeiro caso, de 12 a 15 anos, unha cámara de fotografÃa dixital e, no segundo, de 16 a 18 anos, un i-POD.
VÃctor Tizón Otero. 14 anos. Pontevedra (986-84.75.60)
Coche para discapacitados. Trátase dun vehÃculo que facilita o acceso ao mesmo ás persoas discapacitadas grazas a un sistema moi práctico, que consiste en que os asentos do coche saian ao exterior do mesmo por un riel e tan só pulsando un botón.
Gabriel Bescos Beceiro. 14 anos. Ferrol (981-37.10.66)
Hidropiano de percusión. Trátase dun novo instrumento musical que debe o seu funcionamento á vibración dunha serie de láminas, vibración xerada polo contacto entre estas láminas e as aspas metálicas dunha pequena noria. Isto, e o son da auga ao caer, da como resultado un son doce, de marteleo continuo e agradable ao oÃdo.
Lorena Pérez Brandariz. 14 anos. A Coruña (981-27.68.59)
Soportalibros. O invento consiste nunha variña telescópica de aceiro inoxidable que descenderÃa dende o teito, unida a un pequeno atril mediante unha rótula xiratoria, onde se colocarÃan os libros. O atril levarÃa incorporado un pequeño tubo de neón encima do libro que se conectarÃa á rede eléctrica da casa.
Guillermo Aguilar Vázquez. 13 anos. A Coruña (981-27.96.94)
O recolledor máxico. Trátase dun recolledor que leva no seu borde unha chapa, que se inclinarÃa coa presión da basoira para deixar que o pó se introduza no seu interior. Cando a escoba deixe de presionar, a chapa levantarÃase de novo, evitando asà que o pó xa recollido se perda.
Vidangerly Torrealba Vicuña. 13 anos. A Coruña (881-91.82.61)
Papeleira eléctrica seladora de lixo. O invento sirve para pechar as bolsas do lixo sen ter que manipulalas manualmente. O aparello sela automáticamente a bolsa de lixo coa axuda dun interruptor e, con isto, proporciona ao usuario un medio hixiénico e seguro para o manexo destas bolsas.
Carla GarcÃa Ferreiro. 13 anos. A Coruña (607-31.32.50)
Dosiduchas. Son unhas duchas equipadas cun sensor que posibilita que saia a auga durante o tempo que o usuario as utilice e que deixe de saÃr cando remate. O sensor irÃa colocado no chan ou á altura da cintura do usuario, e evitarÃa situacións como as das piscinas públicas, onde hai que premer varias veces o botón para rematar de ducharse.
GAÑADORES DOS ACCÉSITS (16 A 18 anos)
David Millán Touriño. 18 anos. Ourense (660-91.08.62)
Solución das molestias provocadas por tiróns bruscos na aceleración de vehÃculos. Trátase dun mecanismo destinado aos autobuses urbáns e aos camións. Consiste en colocar un acelerómetro no circuito mecánico do vehÃculo, que regularÃa a entrada de combustible ao motor cando se sobrepasase un valor establecido de aceleración.
Adrián Docampo Marzoa. 19 anos. A Coruña (606-06.63.19)
Semáforos non reflectantes. Consiste en instalar, na cara exterior dos semáforos, un cristal non pulido que provocarÃa que os raios do sol rebotasen en todas as direccións. Asà mesmo, e para evitar que a luz da bombilla non fose o suficientemente intensa para propasar este cristal, substituirÃase ésta por unha luz LED (ou de neón).
Almudena Nóvoa MartÃnez. 17 anos. Ourense (626-63.05.25)
Dispositivo electrónico de control para a detección e inmobilización de vehÃculos que circulen sen o correspondente seguro. Consta dunha memoria programable que se activarÃa o dÃa do inicio do seguro e que durarÃa até a caducidade do mesmo. Se ao remate do prazo establecido o usuario non renovou a súa prima de seguro o dispositivo actuarÃa sobre o sistema de acendido ou de inxección (segundo sexa un vehÃculo de gasolina ou diésel) para inmobilizalo.
Adrián Pérez Rey. 18 anos. A Coruña (981-26.10.29)
Peche hermético para latas de refresco –CELAR-. Trátase dun aparello que posibilita pechar as latas de bebidas, garantizando asà que o produto manteña o seu aroma e sabor para poder tomalo noutro momento. O material utilizado para a fabricación do utensilio é aceiro inoxidable e irÃa na parte superior da lata.
Jacobo Gómez Justo. 17 anos. A Coruña (981-91.59.27)
Sistema de extracción de lixo –SEBAS-. Consiste nun sistema de extracción de lixo para facilitar a súa extracción e o reciclado do mesmo. Uns tubos conducirÃan o lixo dende cada planta do edificio a unhas cintas transportadoras, que o depositarÃan nos colectores. Un sistema de limpeza eliminarÃa a suciedade das cintas.
Diego Vázquez RodrÃguez. 18 anos. Ourense (988-60.68.44)
Sensores para colectores subterráneos. Consiste en colocar uns sensores ópticos de reflexión na parede interior dos colectores de reciclaxe subterráneos. O sensor activarÃase cando o lixo acadase un determinado nivel no colector e avisarÃa a unha centraliña da necesidade da recollida. O circuito alimentarÃase da corrente do alumeado público.