
O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, e o subdirector general de Cooperación Deporte e Deporte Paralímpico do CSD, Antonio Montalvo, informaron sobre as xornadas que se están a celebrar en Santiago sobre o deporte escolar.
Santiago Domínguez explicou que a Dirección Xeral está a piques de rematar o novo proxecto para o deporte escolar. Por iso, pensamos que era o mellor momento para acoller estas xornadas de traballo, nas que se vai planificar o programa deportivo do ano 2007, manifestou o director xeral, quen agradeceu ademais a colaboración do Consejo Superior de Deportes con Galicia.
Pola súa parte, Antonio Montalvo destacou a importancia destas xornadas nas que se avalía o traballo do ano pasado e se aportan novas propostas. Partimos da idea básica de consolidar as competicións que temos actualmente e implantar novos deportes que están medrando, minoritarios e que necesitan o apoio das comunidades e do propio CSD. Desta forma, no 2007 continuarán os 12 deportes actuais e incluiranse na programación 5 máis, como triatlón, fútbol sala e ciclismo. O representante do CSD finalizou agradecendo o traballo da Dirección Xeral para o Deporte e volveu a resaltar o magnífico Campionato de España de Voleibol que se celebrou hai só uns meses no Recinto Ferial de Vigo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.