Notas de prensa

Futbolgalego.net da cobertura ó Mundial

O único portal de fútbol galego na rede, futbolgalego.net, nacido canda a selección galega, vai facer un especial seguemento ó Mundial de Alemaña 2006 para tentar darlle un pulo á páxina, necesario para continuar a medrar...

Por iso, xuntando ó grupo orixinario de siareiros con inquedanzas que artellaron os alicerces deste portal e a mozos saídos da Facultade de Xornalismo da USC, con colaboradores consagrados no eido do xornalismo deportivo, como son Terio Carrera, Luis Timiraos, Irene Lourido... e ó propio Fernando Vázquez (adestrador do Celta de Vigo e da Selección Galega), que fai a crónica da final; tentarase que o Mundial tamén exista na nosa lingua na rede.

E como a rede é universal, tamén se conta coa participación de oriundos para cubriren cadanseu país: Xapón, Alemaña, as cercanas, por mor da emigración, Arxentina, Suiza, México, a nación irmá Portugal... Asemade está asegurada a presenza de membros da redacción en Alemaña, para achegar máis aínda o sentimento do fútbol.

Cómpre lembrar que na filosofía da páxina teñen cabida adestradores de fútbol base, xogadores que pagan por xogar nos seus equipos de terceira rexional, psicólogos e mesmo xentes que discrepan do fútbol como un elemento do “mass media”. Todo isto foise facendo co traballo desinteresado de todos estes amantes do deporte, e agora, a continuar crecendo.

www.futbolgalego.net, 2006-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES