Notas de prensa

Empresas e organismos intermedios poden solicitar ata o 30 de xuño subvencións do Igape para iniciativas de desenvolvemento do capital humano

Teñen como obxectivo contribuír á mellora da competitividade do tecido empresarial mediante a formación especializada en ámbitos como o deseño industrial, tecnoloxías avanzadas ou comercio exterior.

Ata o 30 de xuño está aberto o prazo para a presentación de solicitudes, por vía telemática, ao abeiro das Bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento de capital humano das empresas galegas, publicadas no DOG o pasado 19 de abril. O obxectivo prioritario destes apoios é o de contribuír ao desenvolvemento da competitividade do tecido empresarial a través de mecanismos de mellora e consolidación do capital humano das empresas galegas. A concesión dos apoios resolverase polo sistema de concorrencia competitiva.

Esta nova base, que amplía e diversifica o antigo programa de especialización laboral, servirá para fomentar o incremento da competitividade das empresas galegas, mediante o desenvolvemento do capital humano e a través dunha triple vía: coa creación e extensión de novos perfís profesionais; mediante a posta en marcha de proxectos colaborativos xestionados por organismos intermedios de apoio á competitividade e a innovación; ou a través da xeración de espacios colaborativos de innovación que permitan a definición de novos proxectos empresariais invididuais e innovadores.

Novos perfís profesionais

Neste caso, as axudas consisten en subvencións a fondo perdido a diferentes conceptos e diferentes beneficiarios para proxectos individuais ou colaborativos nos que a principal característica é que se precisase da cobertura dun perfil de recursos humáns para o cal o sistema educativo non ofrece unha resposta axeitada (deseño industrial, comercio exterior, tecnoloxía avanzada, entre outros), dende os puntos de vista cualitativo e cuantitativo. Os beneficiarios dos apoios son: os organismos intermedios, as pemes ás que prestan servizos de apoio á innovación e os recentes titulados universitarios que poderán incorporarse ao proceso formativo mediante o correspondente proceso de selección.

Outra das posibilidades de apoio está orientada á posta en marcha de proxectos colaborativos intensivos en capital humano xestionados por organismos intermedios de apoio á competitividade e a innovación; estes organismos intermedios serán os beneficiarios, sempre que promovan un proxecto que se encadre nun plan global de competitividade máis amplo e que afecte a un sector económico ou cadea de valor ou asociación tipo clúster galego. As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para determinados gastos correntes necesarios para o desenvolvemento de proxectos nos que as principais carácterísticas son que o seu desenvolvemento se realice principalmente mediante recursos humanos e que benefician a un conxunto de empresas galegas.

A base contempla, igualmente, apoios para a xeración de espacios colaborativos de innovación que permitan a definición de novos proxectos empresariais invididuais e innovadores. As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para determinados gastos correntes necesarios para desenvolver espacios nos que a participación de varias empresas permita mediante o emprego de metodoloxías innovadoras incentivar a xeración e definición de proxectos individuais innovadores.

Gabinete de Comunicación do Igape (Consellería de Economía da Xunta de Galicia), 2006-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES