Notas de prensa

As Seccións Sindicais de USTG de IZAR, condicionan a aceptación do traslado de operarios de IZAR-Fene a IZAR-Ferrol á existencia dun acordo expreso dentro do Plano Industrial de IZAR que se está a negociar

Tras unha reunión celebrada hoxe entre as dúas Seccións Sindicais de USTG, para analizar a situación laboral, a carga de traballo e as súas perspectivas despois da última reunión celebrada en Madrid da Comisión Negociadora de IZAR, acordouse facer pública a súa valoración.

Para as Seccións Sindicais de USTG de IZAR, non é de recibo que os medios de comunicación estean a divulgar como se fose un acordo, establecendo incluso as datas, a decisión de trasvasar traballadores de IZAR-Fene a IZAR-Ferrol, cando nin siquera foi plantexado na Mesa de Negociacións aberta.
Para a USTG unha medida tan importante no se pode abordar como si dun feito puntual ou excepcional se tratase. Antes ben, unha cuestión desta envergadura, tan só podría tratarse si fose incluida no Plano Industrial coa xustificación, perspectivas e garantias necesarias.
Sería verdadeiramente absurdo que IZAR-Fene travasara parte da súa plantilla e que por efecto desta medida, as Compañias Auxiliares para cumprir cos plazos da entrega dos contratos actuais, tivesen que ampliar as súas plantillas.
Efecto contrario produciríase en IZAR-Ferrol que de recibir un continxente de traballadores de IZAR-Fene as Compañias de IZAR-Ferrol quedarianse sin traballo.
De feito que, mentras que non se aborde esta medida dentro das Negociacións en curso, as Seccións Sindicais de USTG opoñeranse a súa aplicación.

USTG, 2003-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES