A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares Cuerpo, asistiu ao acto de clausura das actividades do proxecto Equal II Nexus Rede, que coincidiu coa Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao. No acto, celebrado na Casa da Cultura de Porto do Son, Linares Cuerpo felicitou as redeiras porque non é fácil crear unha federación como a vosa e tampouco é doado realizar o relevo na xunta directiva coa normalidade dunha entidade experimentada como acabades de facer vós. A
responsable de Innovación indicou na súa intervención que na montaxe e
reparación das artes de pesca traballan en Galicia arredor dun millar de
persoas , das que o setenta por cento son mulleres. No obstante, suliñou
que aínda que é un sector maioritaramente femenino existen diferencias
nas condicións laborais entre homes e mulleres, tanto no que se refire á
carga de traballo como nos seus ingresos ou nos niveis de afiliación e
cotización á Seguridade Social.
Neste senso, Fátima Linares criticou o intrusismo xa que é un factor que
condiciona o futuro profesional destas mulleres e en gran medida está a
dificultar a reorientación profesional e o despegue deste sector. Por
iso, a directora valorou o proceso de organización sectorial que hoxe
vemos como dá un paso máis na súa consolidación coa asamblea da federación
e coa elección da nova xunta directiva, que velará por garantir a
continuidade do esforzo. Nesta liña, valorou o obxectivo da Federación
na defensa dos intereses sociais e económicos e de mellora da calidade de
vida das redeiras, unha federación que participa activamente como socio no
proxecto europeo Equal Nexus Rede, xunto con outras seis entidades entre as
que se atopan as Consellerías de Pesca, Traballo, a Universidade de
Santiago de Compostela e as asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota
e Agaca.
O proxecto Nexus-Rede ten como prioridade o fomento da igualdade de
oportunidades en sectores estratéxicos da economía galega, entre os que
se atopa a pesca, a través da potenciación de fórmulas empresariais onde
o cooperativismo pode ser o modelo máis adaptado á situación de partida do
colectivo de redeiras.
Así, Nexus-Rede contempla no seu programa actividades destinadas ao
asesoramento na realización de procesos de mellora das entidades ou a
creación de cooperativas que permitan superar algunhas dificultades como
son: a competitividade dos produtos nos mercados, a mellora da estrutura
organizativa, o asesoramento sobre a xestión e a planificación financeira
das entidades.
Finalmente, a directora xeral de Innovación trasladou á nova directiva das
redeiras galegas todo o apoio da Consellería de Pesca e aseguroulles que
non se ían atopar soas ante a responsabilidade e o traballo que teñen que
asumir de agora en adiante. Asemade, animounas a seguir a liña marcada
polas súas predecesoras, a quen lles agredeceu a importante labor feita ata
este momento.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.