Notas de prensa

O xefe do Executivo galego viaxa a Barcelona para presidir os actos do gran encontro de Gallegos del Mundo 2006

Este foro está promovido pola Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña e pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña e celébrase na cidade condal por segundo ano consecutivo.

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, desprázase a Barcelona para presidir os actos do Gran Encontro de Gallegos del Mundo 2006, foro que se celebra por segundo ano consecutivo na cidade condal promovido pola Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT) e pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. Numerosas personalidades do mundo da política, economía e cultura de Galicia participan nesta nova edición do Gran Encontro, que ten como principal novidade, respecto á edición anterior, a celebración do acto fundacional da Alianza Galega de Emprendedores do Mundo.

Precisamente, o presidente da Xunta actúa como Notario de Honra no acto de constitución desta Alianza, que acolle o Forum das Culturas de Barcelona. Neste acto, participan o presidente de AEGA-CAT, Julio Fernández, e os vicepresidentes da asociación: Amancio López; Manuel Niñerola; Francisco Cabanas; e Fausto Serén; ademais do director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez.

A Alianza Galega de Emprendedores do Mundo nace como compromiso adquirido da anterior edición do Gran Encontro. O seu obxectivo é o de impulsar o desenvolvemento económico, incentivar os investimentos e promover os fluxos económicos entre Galicia e as comunidades empresariais galegas do exterior. Ao tempo, promoverase a exploración e a apertura de novos mercados de interese para Galicia no exterior.

Encontro con Maragall
A axenda oficial do presidente da Xunta en Barcelona inclúe outros actos aparte da súa asistencia ao Gran Encontro. O sábado, día 10 de xuño, Emilio Pérez Touriño é recibido en audiencia polo presidente da Generalitat, Pasqual Maragall. É a segunda ocasión na que os dous presidentes se reúnan, logo do encontro que mantiveron ambos en Santiago o pasado 3 de febreiro.

Ese mesmo día, o sábado, Touriño é distinguido coa Insignia de Ouro do Centro Gallego de Barcelona no decurso dunha visita a esta entidade galega en Cataluña, unha das máis relevantes daquela comunidade.

Así mesmo, o presidente da Xunta aproveita a súa estadía en Barcelona para manter reunións con representantes do mundo empresarial e da colectividade galega presente naquela comunidade.

Programa do Gran Encontro

Durante tres días, no marco do foro promovido pola Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña, celébrase no Forum das Culturas de Barcelona, a modo de macroexposición, un encontro aberto a todos os cidadáns no que se ofrece unha visión integral da realidade da Galicia do século XXI. Música, arte, cultura, gastronomía e promoción empresarial, entre outros asuntos, teñen cabida na celebración desta edición do Gran Encontro. No marco do foro, desenvólvense ademais outras iniciativas como o Encontro de Emprendedores; o Encontro das Culturas; e o Encontro das Xentes.

O Gran Encontro 2006 inclúe, ademais, a celebración dunha cea de gala, na que participa o máximo mandatario autonómico e no decurso da cal se entregan os Títulos de Excelencia Galega 2006.


Gabinete de Comunicacion da Xunta de Galicia, 2006-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES