
Manolo Gómez continuará tres anos máis como Presidente da Academia Galega do Audiovisual, encabezando unha única candidatura presentada que reunificou a distintos profesionais presentados na anterior elección do 2003 en distintas candidaturas. Así, non fixo falta votación para elixir á única candidatura presentada: foi o asesor xurídico da A.G.A., Miguel Lorenzo, quen proclamou esta candidatura.
Os integrantes da nova Xunta Directiva que preside Manolo Gómez, está integrada polos vicepresidentes Pepe Coira e María Bouzas, sendo vocais Carlos Amil, Carlos Ares, Xaime Fandiño, Fubén García-Loureda, Nani García, Paco Lodeiro e Tania Rodríguez, uns compoñentes que representan á práctica totalidade dos sectores profesionais que integran o audiovisual galego.
No decurso da Asemblea celebrada na sé oficial da A.G.A. na Coruña, houbo tamén palabras de agradecemento expresadas por Antón Reixa- para a xestión levada a cabo pola ata agora xerente da Academia, Mamen Quintas, que supuxo a columna vertebral das actividades e iniciativas levadas a cabo ó longo destes tres anos de mandato.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.