
O, xoves, día 1º de xuño, ás 10 horas, dan comezo os III Diálogos Literarios de Mariñán que anualmente organiza a Fundación Carlos Casares no pazo do mesmo nome, en Bergondo, co patrocinio da Deputación da Coruña, a Fundación Caixa Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Na sesión matutina interveñen Xosé María Álvarez Cáccamo e Antón Baamonde, presentados por Carlos Fernández, para falar de Historia, literatura. A continuación realízase o acto de inauguración oficial, 13.30 horas, no salón de actos do pazo, coa presenza do Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, o deputado provincial de Cultura, Celestino Poza Domínguez, a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López e a presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg.
Rosa Regás e Ramón Loureiro
Pola tarde, ás 20 horas, na nova sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña (Cantón Grande, 21-24), Rosa Regás, directora da Biblioteca Nacional e Ramón Loureiro, escritor e xornalista, presentados polo poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, disertarán sobre Fala, memoria, na única sesión de carácter público destas xornadas.
Os Diálogos de Mariñán continuarán os días 2 e 3 de xuño coas intervencións de Juan Antonio Hormigón, Marina Mayoral, Ian Gibson, Xosé Carlos Caneiro, Antonio Martínez Sarrión, Francisco Fernández Naval, José Luis Ferris e Fernando Salgado, nun encontro que xa pasa por ser un referente de intercambio intercultural e diálogo entre a literatura galega e as culturas máis próximas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.