Notas de prensa

Innovación e Industria achega 1'7 millóns de euros para facilitar ó acceso á Sociedade da Información aos concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes

O DOG publica dúas ordes de axuda con este obxectivo.

O Diario Oficial de Galicia publica o 30 de maio de 2006 dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas para 2006 destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes.

Para os concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, a Consellaría destina 600.000 euros este ano e outros 300.000 con cargo aos orzamentos de 2007, e subvencionará a creación de portais informativos (que serán mantidos polas asociacións cidadáns) que se configurarán como espazo de comunicación accesíbel e aberto á participación de todos os veciños. O portal cidadán deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación; ferramentas de interelación comunitaria como foros, correo electrónico ou taboleiros de anuncios; información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda, información sobre xestións on-line nas administracións; e información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.

Innovación e Industria subvencionará os custos de deseño e realización do portal, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. As axudas poderán acadar unha contía máxima do 75% do investimento subvencionable para cada proxecto e o importe máximo para cada concello será de 60.000 euros, repartido en dúas anualidades.

No caso dos concellos menores de 6.000 habitantes, para os que a consellaría destinará 800.000 euros, subvencionarase a realización de páxinas web cuxo mantemento sexa realizado a través dunha aplicación xestora de contidos en entorno de código aberto e que cumpra as normas de accesibilidade de acordo coa norma W3C-WAI-AA. As webs deberán estar en lingua galega (de empregar outro idioma o galego será a primeira opción) e os documentos que conteñan dispoñíbeis en formato PDF.

Innovación e Industria subvencionará os custos de deseño e realización da web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. As axudas poderán acadar unha contía máxima do 75% do investimento subvencionable para cada proxecto, cun límite de 9.000 euros por beneficiario.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES