
Détour percorren as salas e cafes-concerto da Galiza ofrecendo un espectaculo cheo de testemuños reais e confesions de amor, que ten como epicentro un variado repertorio de temas propios en galego, ademais dunha xenerosa lista de versions de temas roubados aos grandes do jazzou do swing. Acompañado dun vestiario estilo anos corenta e unha serie de coreografías e movementos escénicos, ademáis dunha escenografía fabulosamente deseñada.
O universo do cine negro é, no fondo, un universo de pesadelo. Algúns logran fuxir dese mal soño no último momento e regresar á relativa normalidade.
Outros, coma Lolette(Iria Pinheiro,actriz), permanecen nel toda unha vida, rodeada de malas compañías ,coma pode ser un teclista:Nollie Saint-Marie(Manuel Santamaría, compoñente de Trem Fantasma).
Unidos baixo o nome de Détour,inspirado na película homónima de baixo presuposto do ano 1945, percorren as salas e cafés-concerto da Galiza ofrecendo un espectáculo lamentable cheo de testemonios reais e confesións de amor e desamor(que a ninguén lle interesan) cuio epicentro é un variado repertorio de temas propios en galego, ademáis dunha xenerosa lista de versións de temas roubados ós grandes do jazz ou do swing.
O mellor de todo é que este desfile de desgracias vai acompañado por un vestuario estilo anos corenta e unha serie de coreografías e movementos escénicos que resultan beneficiosos para a circulación sanguínea do que os observa. Ademáis dunha escenografía fabulosamente deseñada que lle fará lembrar os mellores lupanares do seu lugar.
Os Détour son da opinión de que -non importa o camiño que tomes, o destiño sempre che pon a cambadela(=zancadilla)-, e con esa idea na mente van pola vida.
Lolette, por se acaso, leva un abano na maleta, para saír airosa das discusións acalorardas. Nollie Saint-Marie leva unha tela que cubre o seu teclado para que os homes non lle miren as pernas. O que non leva nada ben é a desaparición de seu amigo Tigretón, un peluche que decidiu facer vida propia e que foi sustituído por un pequeño cachorriño (que enamora sempre ao público alá por onde queira que pasa).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.