
O violinista estadounidense Mark Kaplan, considerado pola crítica como un dos máis destacados intérpretes da súa xeración, imparti na sede da Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, dúas clases maxistrais dirixidas aos alumnos matriculados neste centro de especialización musical que xestiona o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte. Estas sesións están abertas tamén a estudantes doutros centros, que asisten en calidade de alumnos oíntes.
Kaplan domina un amplo repertorio que abrangue dende o Barroco á música contemporánea, que toca cun stradivarius de 1685 chamado Marquis por pertencer á familia da marquesa Spinola durante xeracións. Ao longo da súa traxectoria profesional, formou parte das principais orquestras de Europa e de EE. UU. país no que actualmente imparte clases maxistrais na universidade de UCLA (California) e tocou en auditorios de Europa, Asia e Oceanía.
Esta temporada actuará coa Royal Philarmonic Orchestra no Festival Hall, dirixido por Leonard Slatkin, coa Jerusalem Symphony Orchestra, a Orquesta Pablo Sarasate e a Malaysian Philarmonic Orchestra, ademais de continuar ofrecendo concertos de cámara como parte do trío Sequenza, que integra xunto ao chelista Colin Carr e á pianista Yael Weiss.
Contrabaixo e composición
Dentro do seu programa de Formación Permanente dirixido a ampliar e perfeccionar os coñecementos dos estudantes e músicos galegos, a Escola de Altos Estudos Musicais mantén aberto até o día 20 de xuño o prazo de inscrición no V Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher, que se desenvolverá en Compostela do 3 ao 10 de xullo, así como o da vindeira edición bianual 2006-2008 do Curso de Composición que imparte en Santiago o catedrático e compositor Antón García Abril, para o que se admitirán solicitudes até o vindeiro día 26.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.