Notas de prensa

Os escolares presentan en Ponte...nas Ondas! os seus traballos radiofónicos sobre o Patrimonio Inmaterial Galego Portugués

Comeza a súa emisión o programa de Radio Intescolar “Pontes...nas Ondas!” que chega a súa décimo segunda edición. Serán 24 horas de radio feitas por estudantes de primaria, secundaria, e universitarios de tres continentes Europa, África e América.

Os estudos da Radio Municipal de Tui, Radio Ecca de Vigo, Radio Allariz e Radio Fene en Galicia e Radio Melgaço, Radio Eccos da Raia de Monçao, Radio Cultural de Cerveira, Radio Larouco de Chaves, Radio Valença, Radio Caminha e Radio Montealegre acollerán aos alumnos dos 53 centros participantes, ao tempo que retransmitarán a sinal do programa, que será recollida tamén por EMUGA, a Asociación de Emisoras Galegas, e a Radio Galega. O programa podera seguirse tamén na internet en www.pontenasondas.org. A programación poderá ser seguida en directo no Teatro Municipal de Tui, que se convertirá en estudo radiofónico para Ponte...nas Ondas!

“Os sons da ponte” é o título xenérico sobre os que os escolares elaboraron os seus programas radiofónicos, nos que continuaron co traballo realizado entorno ao Patrimonio Inmaterial Galego Portugués que fora presentado ante a UNESCO para ser declarado Patrimonio da Humanidade.

Os nenos do CEIP de Pazos de Reis, de Tui, serán os responsables de presentar o programa e saudar a cada un dos estudos participantes. Ás dez da mañá o colexio Seis do Nadal de Vigo realizará o primeiro programa titulado “Sons á beira do mar” dende Radio Ecca en Vigo, tras eles de novo no Teatro Municipal de Tui os alumnos do CEIP de Pazos de Reis achegarán o seu programa titulado “As pontes que nos unen”. “O noso son”, “Sons de Salvaterra” , “Ecos de Allariz”, “As pompas do Son” , “Tui máis pretodo ceo” , “Historia da vida na Ponte” ou “Patrimonio Vivo” son outros do programas que se emitirán ao longo da xornada, ata ás 9.30 da mañá do sábado día 27.

O mundo da cultura aposta tamén por Ponte...nas Ondas! coa estrea de tema en exclusiva

Ao longo das 24 horas que durará Ponte...nas Ondas! xunto as voces dos escolares participantes tamén soarán as de artistas do mundo da cultura que dende hai anos se involucraron nesta experiencia radiofónica. A colaboración deste ano ten amais a peculiaridade de contar coa estrea de temas dalgúns artistas e de composicións creadas para a ocasión.

O cantautor galego Narf, en colaboración con Amelia Muge, puxo música ao poema de Rosalía de Castro “Eu levo unha pena” nunha composición creada especial para Ponte...nas Ondas! que mañá será estreada en exclusiva. Mentres Luanda Cozzite interpreta para esta importante ocasión un tema da tradición común galego-portuguesa o “Alecrin”. Os Timbila Muzimba presentarán o son dun instrumento o “timbila” que foi recoñecido pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade.Non faltará tampouco a unión das dúas beira coa Banda de Poi.


Ponte... nas Ondas, 2006-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES