Notas de prensa

Facenda volve prexudicar ao colectivo labrego coa orde de redución de módulos no IRPF

O 23 de maio, Facenda publicou a orde que modifica o cálculo dos rendementos netos das explotacións que fan a Declaración da Renda en estimación obxectiva por módulos.

Trátase, en principio, dun feito positivo, pois redúcense eses módulos para tratar de compensar o tremendo aumento dos custes de produción que experimentou a actividade agraria nos últimos tempos.

A pesares de ser unha boa nova, Facenda volveu demostrar coa publicación desta orde o seu desprezo de cara ao colectivo labrego. Vexamos por que:

• Como ben é sabido, o prazo para presentar a Declaración da Renda comezou o 2 de maio, e as contas desa declaración hai que facelas dende o 1 de xaneiro. A pesares destas evidencias, o feito de publicarse a orde o 23 de maio fixo que labregos e labregas perdesen case un mes do prazo estipulado por Facenda para facer a declaración.

• A maiores, quen xa presentase a súa declaración podendo acollerse á redución dos módulos, atópase con que agora deberá solicitar unha rectificación da mesma. Evidentemente, para que se puidesen facer as cousas de xeito correcto, Facenda debería ter publicado esta orde antes do 31 de decembro de 2005.

• Por outra banda, aquelas explotacións que teñan a súa titularidade como comunidade de bens ou sociedade civil, xa presentaron o modelo 184, que tiña de prazo ata o 30 de marzo e no que se atribuíron as rendas aos seus socios e socias, cuns rendementos incorrectos; isto provocará requerimentos polas discrepancias que xurdirán.

De todos xeitos, esta maneira de actuar non sorprende, pois o Ministerio de Economía xa ten afeitos aos labregos e as labregas deste país a un trato despectivo que os marxina. Neste senso, cómpre lembrar o desmantelamento de servizos que se está a facer nas delegacións comarcais da Axencia Tributaria, para centralizalos nas grandes cidades e apostar pola xestión a través de Internet. E isto a sabendas de que o traballo agrario deixa moi pouco tempo libre para realizar grandes desprazamentos innecesarios, e que no meirande do medio rural galego non hai posibilidade de conectarse á Rede.

Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG), 2006-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES