
O sábado 20 de maio celebrouse no Museo do Castro de Viladonga a Noite dos Museos. En torno ás 19:30 iniciouse a actuación do grupo Espazo de Danza da Universidade de Santiago, que executou no propio Castro unha vistosa coreografía do seu director Juan Carlos Zahera, titulada Soños, coa música en directo do acordeonista Aleix Martínez.
A continuación, no interior do Museo, o dúo de corda Lira interpretou diversas pezas clásicas e outras adaptadas da música popular galega. O Museo agasallóu despóis ó numeroso público congregado (en torno ás 140 persoas, entre as que se encontraba o Director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias Vilas), a unha merenda servida polo restaurante La Palloza nos xardíns do recinto.
Logo Marica Campo leu o poema que Manuel María adicou ó Castro de Viladonga e o Presidente da Asociación de Amigos, Xosé Manuel Carballo dirixiu e acompañou co seu florido verbo a queimada ritual. Cando caeu a noite fíxose unha visita ó Castro sempre suxerente nesas horas de semiescuridade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.