
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, ofreceu na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC unha conferencia sobre política pesqueira comunitaria baixo o título Galicia e a Unión Europea perante o
mar. Carmen Gallego trazou na súa intervención as liñas básicas que
axudan a comprender a situación da pesca galega na UE e as ventaxas e
desventaxas que supón a súa integración en Europa. Así, aclarou que
cando se produce a integración na Comunidade Económica Europea (CEE), xa
foran definidos importantes aspectos da política pesqueira común que ían
condicionar o futuro dos nosos profesionais do mar. Entre estes, citou a
aprobación do réxime comunitario de conservación e xestión dos recursos
da pesca baseada na aceptación do principio de estabilidade relativa e o
establecemento de totais admisibles de capturas, así como a posta en marcha
dos programas de orientación plurianuais.
Para o sector pesqueiro galego, as consecuencias directas da incorporación
de España á CEE, explicou a conselleira, viñeron dadas polo obxectivo de
axustar a capacidade da frota aos recursos. De feito, explicou que cando
España se integrou na Comunidade Europea, a frota comunitaria xa presentaba
unha tendenza decrecente cun descenso dun 5,69% no número de embarcacións,
que pasaron de 52.090 a 49.124 unidades.
Coa incorporación de España e Portugal, a frota europea aumentou nun 75% a
súa capacidade de pesca, o que abrigou a que ambos países tiveran que
facer un importante esforzo de adaptación.
Aínda que, argumentou a conselleira, tamén é certo que a nosa integración
na política pesqueira comunitaria non se fixo en condicións de igualdade
respecto á situación que disfrutaban as embarcacións doutros estados
membros. Aínda hoxe se manteñen restricións a augas do Mar do Norte ou do
Mar Báltico, dixo. Nembargantes, matizou que as sucesivas reformas
tenderon a igualar as condicións de operacións das frotas comunitarias.
No aspecto positivo da política pesqueira común, Carmen Gallego destacou
que o axuste da frota correu paralelo a un proceso de renovación e
modernización, impulsado e cofinanciado pola Unión Europea con máis de 189
millóns de euros entre 2000 e 2006. Como exemplo, suliñou que hoxe en día
a frota galega do Gran Sol foi practicamente renovada na súa totalidade.
Ademais das renovacións das nosas embarcacións, a responsable galega de
Pesca incidiu na importancia dos fondos comunitarios na modernización
das estruturas produtivas e as infraestructuras da pesca en Galicia, que
nos últimos seis anos recibiu 595 millóns en axudas. Deste xeito,
asegurou que as novas lonxas de Vigo, A Coruña, Burela ou Celeiro terían
problablemente outra dimensión sen esas subvencións comunitarias.
En síntesis, proseguiu, os fondos estruturais da UE pemitiron acometer
proxectos no sector pesqueiro que nin a iniciativa privada, nis as
administracións houberan podido desenvolver en solitario.
O caso galego
No caso galego, Gallego Calvar recoñeceu que a frota de baixura e
marisqueo quedaron totalmente ao marxe do proceso de modernización que
favoreceron, noutros sectores, os fondos comunitarios, tanto pola
atomización do propio sector coma por unha clara vontade política de
destinar estas axudas a outros fins. Por iso, a Conselleira de Pesca
considera que o novo Fondo Europeo da Pesca (FEP) supón unha oportunidade
para correxir os erros do pasado.
O FEP, que entrará en vigor en 2007 e no que Galicia manterá o seu
estatus de obxectivo prioritario na política de axudas estruturais, segue
a incluir entre as súas prioridades o axuste e adaptación da frota e o
apoio á acuicultura, á industria de transformación e á comercialización.
Neste senso, según destacou Carmen Gallego na súa intervención, os fondos
introducen tres prioridades: o impulso a proxectos de interese colectivo o
social, o apoio ás iniciativas que reforcen o desenvolvemento
sostible das zonas costeiras e os programas de asistencia técnica.
En Galicia xa estamos a traballar para axudar aos profesionais,
especialmente os da baixura e marisqueo, a adaptarse a nova situación. A
Conselleira explicou aos universitarios que o departamento que dirixe xa
ten en marcha unha liña de axudas para proxectos colectivos de xestión
integral: Con esta iniciativa pretendemos impulsar o desenvolvemento de
accións innovadoras promovidas colectivamente por varias organizacións
sectoriais. A esta convocatoria, se presentaron máis de 150 proxectos
que enlazan co obxectivo de dinamización das actividades nas comunidades
costeiras, dixo a titular de Pesca.
Carmen Gallego rematou a súa conferencia destacando que eu estou
convencida da capacidade dos profesioanis do mar galegos para deseñar e
por en marcha proxectos de futuro que contribúan a mellorar a calidade de
vida nas comunidades costeiras.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.