
Na modalidade de traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas, o xurado outorgou o premio ao artigo Travel-time accessibility and adaptive spatial planning solutions for the healthcare system do que son autores José Balsa-Barreiro, Sérgio F.A. Batista, Gaby J. Hannoun e Mónica Menéndez, e que viu a luz este ano na revista npj Health Systems. O xurado destacou o seu rigor académico, a orixinalidade do seu enfoque e o interese das futuras liñas de investigación que abre. Resaltou a utilidade práctica dos resultados da investigación presentada e a relevancia da súa contribución para o progreso do coñecemento da realidade socieconómica de Galicia en cuestións vencelladas ao avellentamento da poboación e o seu impacto sobre o territorio.
Na segunda categoría, relativa ás teses de doutoramento publicadas en calquera universidade, o xurado resolveu un exaequo ás teses tituladas A relación entre a distribución funcional e persoal da renda. Proposta metodolóxica e aplicación para España e Galicia no período 2007-2021, realizada por José Manuel Amoedo Meijide, ePesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal, realizada por José María Leal Bóveda.
Da investigación realizada por José Manuel Amoedo Meijide, o xurado destacou o seu carácter pioneiro na investigación da distribución persoal da renda en Galicia, de gran relevancia para a mellor asignación de recursos e a consecución de cotas máis altas de equidade na sociedade galega, así como a solidez do enfoque metodolóxico empregado. Respecto á tese elaborada por José María Leal Bóveda, o xurado realzou a utilización crítica e exhaustiva das fontes dispoñibles para modificar de maneira significativa a interpretación dun período da historia pesqueira e industrial de Galicia moi importante para entender a orixe e evolución da realidade socioeconómica do país.
Ditame
O xurado desta XII edición estivo composto polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que o presidiu; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez; o secretario do IDEGA, Manuel Fernández Grela, que actuou como secretario do xurado; o membro do Consello Científico do IDEGA Melchor Fernández Fernández; o secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Martínez Varela; o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán R. Doldán García; o profesor emérito da Universidade da Coruña Fernando González Laxe; e o catedrático da Universidade de Vigo Xosé Henrique Vázquez Vicente.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.