Notas de prensa

Galicia presenta a súa oferta turística na Feira Expovacaciones de Bilbao

O conselleiro de Innovación e Industria encabeza a delegación galega neste certame.

A oferta turística de Galiza está presente na 27ª edición de Expovacaciones, a feira turística que se celebra ata o domingo, día 21, en Bilbao. Turgalicia e a S.A. de Xestión do Xacobeo, da Consellería de Innovación e Industria, están presentes neste certame amosando os principais recursos turísticos do noso país, co Camiño de Santiago como oferta destacada.

Unha delegación do Goberno Galego, encabezada polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco Ãlvarez, xunto co director xeral de Turismo, Rubén Lois González, reforza en Bilbao a promoción turística de Galiza. Fernando Blanco foi recibido pola súa homóloga do Goberno vasco, Ana Aguirre, conselleira de Industria, Comercio e Turismo, coa que percorreu os stands da feira.

Tra-la inauguración, o titular de Innovación e Industria lembrou a importancia que para o noso país ten o mercado emisor de Euskadi, que aporta en torno a un 6% dos turistas que recibe Galiza, e destacou que os gobernos galego e vasco están a colaborar nos ámbitos turístico e cultural para potenciar o Camiño do Norte como unha das principais vías de peregrinación cara a Santiago. Pola súa banda, o director xeral de Turismo realizará mañá venres, no marco de Expovaciones, unha presentación do Camiño de Santiago como produto turístico dirixida a operadores turísticos, medios de comunicación, autoridades, asociacións de amigos da Ruta Xacobea e representantes dos centros galegos en Euskadi.

Espazo

O espazo promocional de Turgalicia ocupa unha superficie de 264 m2 e presenta módulos específicos dedicados ao turismo termal, náutico, aloxamentos, Ribeira Sacra, etc. Ademáis, figuran como coexpositores Turismo de A Coruña, Concello de Lugo, A Mariña Luguesa, Patronato Provincial de Turismo de Ourense, Mancomunidade do Salnés e Fundación Comarcal do Morrazo.

Pola súa banda, o stand do Xacobeo, de 81 m2 de superficie, inclúe referencias e imaxes sobre as diferentes rutas a Santiago, con especial fincapé no Camiño Francés e o do Norte, que pasa por Bilbao, cidade que acolle esta feira turística. Ademais, neste espazo amósase unha réplica do Botafumeiro da catedral compostelá e material promocional relacionado co Camiño, empezando pola popular cuncha de vieira, un dos símbolos tradicionais da Ruta. Expovacaciones é unha feira xeral de turismo, profesional e aberta ao público, xa consolidada como un dos principais escaparates turísticos do Norte da Península. Segundo datos da súa organización, a pasada edición deste certame foi visitada por 272.000 persoas.

Parques tecnolóxicos

O conselleiro de Innovación e Industria realizou tamén unha visita ao Parque Tecnolóxico de Bizkaia, sito na localidade de Zamudio, acompañado polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato de la Iglesia. Nesta visita guiounos o presidente da Rede de Parques Tecnolóxicos de Euskadi, Julián Sánchez Alegría, e ambos tiveron ocasión de coñecer as experiencias de Euskadi no eido da innovación e, máis concretamente, os seus modelos de Parques Tecnolóxicos.

Este encontro serviu ademais como unha primeira toma de contacto e intercambio de opinións de cara ao establecemento de alianzas estratéxicas para o desenvolvemento da I+D+i en ambas as rexións.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES