A Mesa pola Normalización Lingüística envía unha carta a 1.000 institucións para que corrixan a súa denominación nas guías telefónicas
A organización cidadá A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse por carta a arredor de mil institucións para comunicarlles que nas guias telefónicas en vigor a súa entidade aparece cunha denominación incorrecta ou non regulada, nun ou en varios números de teléfono. Só no referido a entidades como centros de ensino público, centros de saúde, xulgados, concellos e administración galega esta asociación constatou máis de mil denominacións erróneas, polo cal consideran que é urxente que os titulares soliciten da Compañia Telefónica a sua corrección.
Estes erros non consisten únicamente na traducción da denominación oficial das entidades senón que moitas veces retrotraen a denominacións obsoletas (Colegio Nacional, Colegio Público Rural Agrupado, Centro de Higiene, Consellería de Trabajo, Seguridad Social y Emigración, etc) ou totalmente incomprensibles (p. ex.: Xunta de Galicia Red Privada). Ás veces, antigas denominacións coexisten coas actuais (por exemplo, moitos municipios teñen uns teléfonos sobre o epígrafe de concellos e outros como ayuntamientos). Un mesmo concello pode aparecer con tres denominacións diferentes (caso de Ayuntamiento de Viana del Bollo, Ayuntamiento de Viana do Bolo e Concello de Viana do Bolo) ainda que pode darse o caso de que ningunha das variantes que aparecen sexa a correcta (como en Ayuntamiento de Mezquita, Ayuntamiento de La Mezquita, Concello de La Mezquita).
A Mesa considera especialmente grave a deturpación dos topónimos e denominacións das vías públicas, evidente unhas veces máis que outras, polo que pode pasar despercibida cando consiste na supresión do artigo que forma parte deles.
A organización en defensa da lingua afirma que a responsabilidade desta caótica situación lle corresponde só parcialmente á Compañia Telefónica, pois ésta argumenta que a iniciativa da corrección debe partir dos titulares do teléfono.
Os sucesivos cambios de responsables das entidades públicas explican que non se pode culpar desta desidia ás persoas que teñen actualmente esa responsabilidade. Mais, sabedoras agora da cuestión, sería moi positivo que actuasen para subsanar as deficiencias a favor dun mellor uso do noso idioma.
A fin de facilitar a xestión destas institucións, A Mesa elaborou un modelo de escrito para que a entidade envíe cuberto ó número de fax 900 134 956, ou chame ó 1004, co número de teléfono afectado e os datos correctos que deben figurar nos rexistos da Compañia e mais nas edicións da guía.
A Mesa desexa que estas correccións se realicen o antes posible, para que as correccións podan figurar xa na próxima edición das guías telefónicas e nos próximos recibos.
Mesa pola Normalización Lingüística, 2003-04-09
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.