
O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego inaugurou as actividades previstas para a semana dedicada ás Letras Galegas. Uns 20 rapaces e rapazas, entre os 4 e os 9 anos, disfrutaron esta mañá dun obradoiro sobre os Maios que se desenvolveu no claustro do Museo e no Parque de Bonaval. No decurso do mesmo, os cativos recolleron distintos elementos vexetais ccos que logo,xunto con flores e froitas, dispuxeron sobre as estructuras cónicas dos maios.Finalmente cantaron coplas dedicadas ao maio. Ademais de celebrar esta festa popular e lembraron que é este o mes onde se celebra a nosa lingua de xeito especial. A actividade, como en toda a programación do Departamento de Educación do Museo, busca tamén un uso normalizado da nosa lingua entre os máis pequenos.
O Museo vai distribuír entre os seus visitantes, información sobre esta celebración e sobre o autor homenaxeado, Manuel Lugrís Freire, pero ademais, resulta que o día 18 de Maio conmemórase o Día Internacional dos Museos para o que este ano o ICOM elixiu o lema de Os museos e a xente nova. O día 18 , polo tanto, continúase coa dedicación especial ás Letras Galegas pero tamén se obsequiará aos nosos visitantes máis novos cun agasallo especial nese día de festa para todos os museos do mundo no que ademais sae un novo número da serie dos Caderniños Didácticos do MPG, dedicado ao Tecido.
Por outra banda, poderanse visitar dúas exposicións temporais nas instalacións do Museo do Pobo Galego:
Debuxos e gravados nas construcións populares
Fotografías de Luís-Higinio Flores; ata o31 de maio
Unha colección de imaxes que reproducen motivos gravados a punta de navalla, e nalgún caso debuxados, por autores anónimos sobre portas e ventás de casas, muíños ou capelas curtidas polo tempo, que unen ao valor icónico da variada tipoloxía dos signos con que se expresa a cultura rural as diversas texturas da madeira patinada pola chuvia e a intemperie, os liques e mofos que lle prestan variedade e riqueza plástica.
IX Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo
Organizan: Deputación Provincial da Coruña Concello de Santiago de Compostela; ata o23 de maio
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.