
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, asinou un convenio de colaboración co decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, José Antonio Rodríguez Vázquez, para a colaboración de ambas as entidades na organización do V Premio Ignacio Ribas Marqués á innovación científico técnica e da XIX Olimpíada Nacional de Química.
O Premio Ignacio Ribas Marqués diríxese a investigadores mozos de menos de 35 anos e premia o mellor traballo sobre temas de divulgación científico-técnica ou de aplicación práctica e marcado interese para Galiza, dun químico ou dun colectivo multidisciplinar do que forme parte, polo menos, un químico. A Consellaría financia o premio integramente, así como as actividades relacionadas coa súa difusión e entrega.
Pola súa banda, a organización na cidade de Vigo da XIX Olimpíada Nacional de Química diríxese a alumnos de bacharelato e ciclos formativos superiores, co obxectivo de premiar aos máis destacados, así como seleccionar os representantes do Estado español para as Olimpíadas Internacional e Iberoamericana do ano 2006. A Olimpíada Nacional de Química é un acontecemento de carácter anual organizado conxuntamente co Ministerio de Educación e Ciencia, a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE) e a Real Sociedade Española de Química, e ten como fin primordial captar e estimular o interese dos nenos e os mozos pola ciencia química, así como formar cidadáns cunha mellor sensibilidade e apreciación da ciencia, como elemento esencial para soster e impulsar a investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico. A Consellaría de Innovación e Industria financiará a estancia na cidade de Vigo dos participantes na Olimpíada durante o desenvolvemento da mesma.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.