
No escrutinio do voto non ponderado, o profesor Senén Barro acadou 2.191 sufraxios e o profesor Juan Casares outros tantos, 2.191. A proclamación de Senén Barro como reitor débese a que esta elección se realiza por sufraxio universal con voto ponderado -en función do sector- e así o profesor Barro acadou 1.104 votos ponderados, mentres que Casares Long obtivo 858.
Por sectores, o profesor Senén Barro acadou maioría nos sectores de profesorado funcionario doutor e non doutor, profesorado contratado, outro profesorado, investigadores en formación e no PAS. Pola súa banda, Casares Long superou a Barro nos sectores de estudantes de primeiro e segundo ciclo e de terceiro ciclo e posgrao.
Índice de participacion
Nestas eleccións a reitor o índice total de participación foi do 16,56%, sendo o índice de voto válido total excluíndo os nulos- do 12,4%. Por sectores, o máis participativo foi o de profesorado funcionario doutor co 88,03 por cento, seguido do profesorado funcionario non doutor co 82,47% e do PAS co 74,31%. Do profesorado contratado doutor, colaborador, axudante doutor e axudante acudiu ás urnas o 71,28%, doutro profesorado o 40,04%, o 14,22% dos investigadores en formación, o 10,69% de estudantes de primeiro e segundo ciclo e o 6,51 dos estudantes de terceiro cieclo e posgrao.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.