A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), celebrou a súa terceira xuntanza do Grupo Interdisciplinar de Urbanismo e Cidadanía, na que se afondou na reflexión do estudio da cidade como espazo de relación entre cidadáns. Esta reunión, que estivo presidida por Antonio Izquierdo Escribano, director da EGAP, pecha un ciclo no que se teñen tratado as cidades e as áreas metropolitanas dende múltiples puntos de vista.
Nela analizáronse cuestións como a distribución e os usos do espazo urbano e os dereitos que os cidadáns teñen sobre el. Neste sentido, Izquierdo sinalou que se afondou na participación cidadá á hora de definir o espazo público, que vén marcado polo uso que fan del as persoas. Así, explicou, non se pode considerar que as urbanizacións sexan equivalentes ás cidades, nin que nelas haxa espazos públicos, xa que apenas hai relacións entre os veciños: A xente converte os espazos en públicos por medio do seu uso, do roce e do disfrute.
Na xuntanza participaron Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia; Anna Alabart, profesora de Socioloxía da Universidade de Barcelona; Pilar Luaces e Sandra León, expertas en coordinación intergubernamental; e Xoaquín Álvarez Corbacho, catedrático de Facenda Pública da Universidade de Santiago de Compostela e concelleiro do Consello de Contas. Todos eles coincidiron en afirmar que a dimensión política dunha cidade é tan importante coma a arquitectónica.
Segregación urbana
Na reunión estudiouse tamén a maneira en que, nas áreas metropolitanas que están a xurdir coa evolución da sociedade, as poboacións se separan e crean os seus propios entornos. Segundo explicou o director da EGAP, existe unha segregación urbana na que a clase media se despraza cara ás urbanizacións e nas cidades fican as clases altas e baixas.
Os novos espazos públicos xorden onde hai un sitio no que se reúne a xente explicou Izquierdo-, e é importante que o poder político recoñeza este uso dos espazos que fan espontaneamente as persoas.
Na xuntanza do Grupo Interdisciplinar concluíuse que a cidade que lembramos non vai volver, polo que hai que aprender a chamar cidade aos novos usos e comunidades que xeran os habitantes, que non van ser iguais que os das cidades dos séculos XIX e XX.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.