Notas de prensa

A Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación Internacional reforzarán o Plan de Apoio ao sector da Pesca e da Acuicultura que están a desenvolver en Centroamérica

* A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, reuniuse co subdirector xeral de Cooperación con México, América Central e Caribe da AECI, Pascual Navarro.

A Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) incrementarán a súa colaboración para potenciar o Plan de Apoio ao sector da pesca e da acuicultura que están a desenvolver en Centroamérica.

A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e mailo subdirector xeral de Cooperación con México, América Central e Caribe da AECI, Pascual Navarro, reuníronse en Santiago para analizar o programa de actividades para o bienio 2007-2008 e as vías de actuación que permitan incrementar a coordinación e os fondos destinados a este proxecto.

O Plan de Apoio ao sector da pesca e a acuicultura, posto en marcha entre a Administración autonómica galega e a AECI en 2004, ten como finalidade última das súas actuacións a loita contra a pobreza. Trátase de fomentar, dende unha visión rexional, unha explotación sostible dos recursos naturais que serva como unha achega ao desenvolvemento das poboacións que teñen a pesca e a acuicultura como medio de subsistencia.

Este plan está organizado en catro liñas de actuación fundamental. Por unha banda, prevese actuar no desenvolvemento normativo e o fortalecemento institucional dos países centroamericanos, na protección do medio ambiente e a investigación necesaria neste apartado, a comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros, así como na formación, capacitación e organización do sector, no que se incidirá especialmente a partir de agora.

Segundo o acordado estes días, realizarase un especial esforzo no programa de formación. Xunto aos aspectos normativos, ambientais e comerciais, é importante que os traballadores implicados na explotación pesqueira coñezan os condicionantes biolóxicos que van limitar as súas actividades, as especies explotables, así como la normativa básica aplicable. As actividades formativas e de capacitación centraranse nos ámbitos da navegación, seguridade marítima, pesca responsable, hixiene e manipulación dos produtos pesqueiros e mantemento de embarcacións, artes e aparellos.

NotaAsí mesmo, prestarase colaboración coas institucións locais para crear titulacións para o desenvolvemento racional do sector pesqueiro, desenvolveranse cursos de formación de formadores e mellorarase a capacitación dos traballadores públicos dos organismos públicos e institucións pesqueiras. Paralelamente, fomentaranse a organización do sector pesqueiro e o asociacionismo neste ámbito.

Segundo o acordo acadado entre Fabiola Sotelo e Pascual Navarro, procurarase xerar sinerxías de actuación entre as dúas Administracións dentro deste Plan de Apoio ao sector da pesca e a acuicultura para acadar que sexa o marco aglutinador das accións de cooperación en materia pesqueira en centroamérica.

5 Programas de pesca en Centroamérica

Na actualidade, a Xunta de Galicia está a desenvolver un total de 5 proxectos de cooperación ao desenvolvemento relacionados coa pesca en Centroamérica, catro deles coordinando a acción da Axencia Española de Cooperación Internacional. Para estas actuacións, Galicia achega este ano preto de 350.000 euros.

No Salvador, a Administración autonómica galega está a impulsar unha serie de actuacións de manexo na área natural de Bahía da Unión, no Golfo de Fonseca. Así mesmo, a Xunta coordina o desenvolvemento da segunda fase do programa de apoio á pesca artesanal, o marisqueo e o aproveitamento sostible dos recursos mariños costeiros da rexión oriental.

En Guatemala, este ano se está a contribuír na construción dun centro de venda e distribución maiorista de pesca artesanal na Central de Maioreo da Cidade de Guatemala, no marco do Plan Operativo AECI-Xunta de Galicia, que conta cun investimento de 62.500 euros.

Outra das actuacións actualmente en marcha é a encargada de prestar apoio á actividade pesqueira das comunidades artesanais do Lago Nicaragua e Río San Juan, en Nicaragua. Tamén dentro das actuacións da AECI en Centroamérica, Galicia coordina a construción dun centro de lonxa na illa de Guapinol Choluteca e no complemento das obras do peirao de Coyolito, en Honduras.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES