Notas de prensa

A FEG e Verdegaia apoian a decisión da Xunta de non permitir a construción dunha piscifactoría en Cabo Touriñán

Lamentan a prepotencia e a falta de sensibilidade ambiental de Pescanova.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia apoian a decisión da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, de impedir a construción dunha macropiscifactoría de Pescanova en cabo Toriñán, dentro do espazo natural da Rede Natura 2000 “Costa da Morte”. A construción da piscifactoría en Touriñán constituiría unha agresión inaceptábel a un dos espazos máis valiosos da costa galega e ibérica. FEG e Verdegaia felicitan á Xunta por corrixir unha decisión do Goberno do PP que antepoñía os intereses privados de Pescanova á defensa do patrimonio ambiental colectivo. As organizacións ecoloxistas lamentan a reacción de Pescanova, prepotente e carente de sensibilidade ambiental.

A FEG e Verdegaia entenden a frustración do presidente de Pescanova, Manuel Fernández Sousa, pola negativa das Consellerías de Pesca e de Medio Ambiente a aceptaren a destrución de cabo Touriñán. Despois de disfrutar dun trato de favor por parte da Xunta anterior e do Concello de Muxía, de comprar as terras a veciños e veciñas de Touriñán por un prezo irrisorio, de ter tentado iniciar as obras da piscifactoría sen agardar á finalización de todos os trámites administrativos, agora láiase por unha decisión coherente coa normativa legal de protección da Rede Natura 2000 e beneficiosa para a cidadanía.

A FEG e Verdegaia solicitan á Xunta que paralice a tramitación de todas as piscifactorías até que non se aprobe a revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria. Asemade, demandan da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel que acelere a elaboración do Plano que pretende garantir a conservación dos espazos da Rede Natura 2000 e ao mesmo tempo favorecer o desenvolvemento sustentábel nesas áreas. Éste non pasa pola implementación de proxectos como o de Pescanova, ambientalmente agresivos e xeradores de pouco emprego.

FEG e Verdegaia tamén advirten que non todos os tipos de acuicultura se poden considerar ecoloxicamente sustentábeis e que a solución do problema da sobrepesca pasa principalmente pola recuperación dos caladoiros, o apoio á pesca artesanal sustentábel e a redución do sobreconsumo de peixe nos países máis desenvolvidos. As devanditas organizacións ecoloxistas avogan por un tipo de acuicultura en pequenas instalacións respectuosas co medio natural, que non fomente a sobrepesca de certas especies para a fabricación de pensos destinados á alimentación dos peixes criados en piscifactorías e que non empregue antibióticos e outros químicos. A produción de peixes en piscifactorías pode ser tan pouco ecolóxica e saudábel como a das granxas intensivas produtoras de carne.

Xosé Luis Castro Baleato (secretario xeral da FEG) + Xosé Veiras García (vicecoordenador xeral de Verdegaia), 2006-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES