
Vigo acolle acada ano actividades de Special Olympics Galicia dende que no ano 1999 se celebrara o Campionato Nacional de Natación. Este ano no mes de novembro Special Olympics Galicia será a anfitriona doutro Campionato Nacional de Baloncesto que tamén se celebrará en Vigo.
Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza un ano máis un evento deportivo en Vigo, os Xogos Autonómicos de Natación Vigo 2006 coa colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA, da Asociación viguesa San Francisco, e do Concello de Vigo.
O evento foi presentado nas instalación do Concello de Vigo polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; e concelleira de Deportes de Vigo, Dna. Lucía Morales. A décima edición destes Xogos Autonómicos terá lugar este domingo 7 de maio nas instalación da piscina municipal de As Travesa, onde se darán cita arredor de 240 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia para competir nas probas de 25, 50 e 100 metros libres, mariposa, braza e espalda segundo o seu nivel.
A celebración destes Xogos segue o ceremonial das celebración das Olympiadas. Os deportistas das 23 asociacións participantes desfilarán polas instalacións antes do desfile das bandeiras de Galicia, Vigo e de Special Olympics. Posteriormente un deportistas da Asociación San Francisco lerá o lema dos deportistas de Special Olympics Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento. Unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos, arredor, das 10.45 horas, a cargo dun representante da administración local. A competición levarase a cabo dende as 12.00 horas ata as 19.00 horas, momento da clausura.
As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 23 asociacións das catro provincias galegas que desprazan a un total de 239 deportistas con discapacidade intelectual e 77 adestradores a Vigo. Nos Xogos tamén colaborarán un total de 30 voluntarios e integrantes da organización, persoal de Cruz Vermella, Protección Civil, árbitros, etc
A participación nos Xogos é de 351 persoas entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.