
Desde a súa inauguración o día 3 de febreiro, a exposición URBANITAS vai acompañada dun programa de concertos nun dos patios, que ademais de exhibir as obras de cinco artistas relacionados coa arte do graffiti, durante estes meses serve de escenario para distintas actuacións.
O primeiro concerto desta serie Urbanitas a escena tivo lugar en febreiro coincidindo coa inauguración da mostra, e foi seguido doutras actuacións os venres 3 de marzo (con O Fillo Pausado, Jiménez del Oso e DJs DOSE), e o 7 de abril (TAB, Austria e Dj Sinsalaudio).
O programa para o venres 5 de maio é o seguinte:
COLECTIVO ARKESTRA (Vigo) + MWËSLEE (Vigo) + ARMADILLO (Vigo)
Data: venres 5 maio
Lugar: patio 1, sala de exposición da planta baixa
Horario: ás 21:00
Entrada: de 1 a 3 segundo tarifas (válida entrada do MARCO dese día)
21:00 Maik (sesión DJ)
21.30 MWËSLEE
22:00 Bluecat (sesión DJ)
22.30 ARMADILLO
Colectivo ARKESTRA (Maik + Bluecat)
O Colectivo Arkestra nace en Vigo no ano 2005 como unha iniciativa dos seus membros, implicados en diferentes aspectos da música. Arkestra tenta achegar ao público sons descoñecidos para a sociedade actual, que teñen contribuído ou están a contribuír á evolución da música popular, así como os xéneros que á súa vez teñen desembocado en subxéneros ata chegar ás vangardas actuais. A busca incesante de novas formas e sons e a exploración en profundidade do pasado sonoro pasando polo jazz, o soul, o funk, o hip hop e a electrónica son os piares sobre os que se asenta este colectivo. Oficialmente defínense como unha sociedade cultural, integrada por membros fixos que á súa vez contan co apoio de destacados colaboradores.
As sesión correrán a cargo de Maik e Bluecat un paseo polo soul, a electrónica e o hip hop que serán os encargados de enlazar os concertos deste día.
MWËSLEE
Dende Vigo, Mwëslee presentaranos o seu Megaplast e.p. (Kindred Spirits 06); hip hop instrumental cun toque electrónico cheo de musicalidade.
ARMADILLO
Bflecha, a carón de Gael G. Pintos, presenta Armadillo; hip hop electrónico feito en Vigo, unha colaxe de sampledelia contemporánea.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.