
O proxecto Directo Xove 06 organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas (Pontevedra), supera o seu ecuador coa actuación de Jit! no pub Zeus, o 5 de maio a partir das 23.30 horas, con entrada gratuíta. A banda de rock ofrece o sétimo concerto dos doce que configuran o programa do Directo Xove 06, sen contar as dúas xornadas musicais que terán lugar na praia de Rodeira o vindeiro mes de xuño.
Jit! naceu por iniciativa de Fernando Padín e Jesús Portas no inverno de 2005, a raíz da construción dun local de ensaio creado a partir dun galiñeiro en Pinténs (O Hío). O grupo comezou a ensaiar coa incorporación de Ángel Fernández e Luis Montenegro a quen logo substituiría Jorge Lorenzo-, definindo o seu estilo nas achegas do rock clásico. Carlos Lamosa e Eugenio uníronse recentemente ó conxunto, aportando ó cuarteto base o son do teclado e dunha nova guitarra.
No concerto de Cangas, Jit! ofrece unha mostra do seu variado repertorio, que abrangue dende temas contundentes ata propostas máis melódicas, sen peder de vista o norte da orixinalidade e o coidado na composición. As súas letras sarcásticas, cantadas en castelán, marcarán outra potente actuación ó vivo no Directo Xove 06.
Toda a información sobre o programa organizado pola Concellería de Xuventude de Cangas, que dirixe José Luis Gestido Porto, está dispoñible na páxina web www.directoxove.com, onde público e participantes poden deixar a súa opinión sobre o proxecto.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.