Notas de prensa

O xornalista, escritor e filósofo catalán Josep Ramoneda participa o 10 de maio nos Encontros do Club Internacional de Prensa

Pronuncia unha conferencia sobre o grao de responsabilidade que teñen os medios de comunicación na configuración da verdade.

O xornalista, filósofo e escritor de Cervera –Lleida-, Josep Ramoneda, é o seguinte convidado a participar no foro de debate e reflexión creado polo Club Internacional de Prensa de Galicia –Secretaría Xeral de Comunicación-, para falar sobre “Os medios de comunicación e a configuración da verdade”, un tema que desgrana na súa disertación que ten lugar o mércores 10 de maio ás 8 da tarde, na sala de Convencións da Fundación Araguaney (Montero Ríos, 25-27, Santiago). O conferenciante é presentado polo secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado.

De qué xeito están implícitos e comprometidos, inflúen ou condicionan os medios de comunicación, a configuración da verdade na sociedade; cal é o papel d@s xornalistas neste proceso; cómo inciden os medios na construcción da sociedade… e milleiros de preguntas máis, sairán a relucir ó longo desta interesante conferencia de Ramoneda, director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.

Quén é Josep Ramoneda

Licenciado en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona, dende 1989 é director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, un centro de nova creación aberto ó público no ano 1994. O programa do Centro, ideado por el, títulase "La ciudad de las ciudades" e consiste nun espazo de investigación, formación, información, divulgación e entretemento dedicado ás cidades do mundo, un auténtico museo das cidades.

Foi tamén director do Instituto de Humanidades de Barcelona, centro de debate e de formación de carácter interdisciplinar e internacional.

Dende sempre alternou a investigación e o ensino da Filosofía co xornalismo. En 1968 comezou a súa carreira xornalística en "El Correo Catalán". Durante os anos 1973 e 1974 foi correspondente de "Tele-express" en París. Do 1975 ó 1990 foi profesor de Filosofía contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. No 1979, xunto con José Martí Gómez, gañou o Premio del Arco ás mellores entrevistas publicadas en España polos seus traballos na revista "Por Favor". En 1980 fundou a revista cultural “Saber” e no 1982 pasou a dirixir a sección cultural de “La Vanguardia”. É director-fundador da colección "Textos filosóficos" de Edicións 62. En 1985 gañou o Premio Ciudad de Barcelona de xornalismo. Durante anos publicou semanalmente dous artigos: un de reflexión política e outro de reflexión cultural no xornal “La Vanguardia”. Actualmente escribe para o xornal “El País” e é colaborador habitual da Cadena SER e da cadea de tv “Cuatro”, no informativo que dirixe e conduce Iñaki Gabilondo.

Publicou numerosos libros, entre os que cabe salientar El sentido íntimo, 1982, Apología del presente, 1989, e Despúes de la pasión política, 1999. Os seus ensaios foron publicados en revistas internacionais como "Micromega", "Lettre Internationale" e "La règle du jeu".

Publicacións

• Apologia del present - Edicions 62
• Mitològiques - Ed. 62
• El sentit íntim - Ed. 62
• Libros colectivos como Frontera i Perill - Ed. 62
• Coneixement, memòria i invenció - Ed. 62
• Ediciones de Foucault, Locke, Nietzsche y Montesquieu en la colección «Textos filosòfics».
• Después de la pasión política - Ed. Taurus 1999
• Del tiempo condensado – 2003

Club Internacional de Prensa (Xunta de Galicia), 2006-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES