Notas de prensa

O conselleiro de Presidencia visita en Vimianzo e Laxe obras de recuperación e acondicionamento promovidas pola Fundación Arao

Os traballos afectan ao entorno da Ría de Cereixo en Vimianzo e á área recreativa da zona do Faro de Laxe, e contan cun orzamento de 300.000 e 150.000 euros respectivamente.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, realizou unha visita aos concellos de Vimianzo e Laxe, onde puido coñecer as obras de recuperación e acondicionamento do entorno promovidas pola Fundación Arao nestes dous municipios. O titular de Presidencia comezou o seu itinerario en Vimianzo, onde estivo acompañado polo alcalde, Alejandro Rodríguez Lema.

Os traballos que a entidade desenvolve neste concello están situados no entorno da Ría de Cereixo, onde se está a levar a cabo unha ordenación do aforo de visitantes mediante a creación de infraestructuras peonís e a remoción da área de descanso que existe na actualidade.

Así mesmo, estase a construír un xardín botánico cunha mostra permanente de flora e un observatorio de aves. As obras, cun orzamento de 300.000 euros, están nun avanzado estado de execución, e está prevista a súa finalización nos dous próximos meses.

Acondicionamento no entorno do Faro de Laxe

NotaA continuación, o conselleiro viaxou ata Laxe, onde visitou as obras promovidas pola Fundación Arao na área recreativa da zona do Faro de Laxe, que se está adecuando para o seu uso público coma zona de descanso e de recreo. Este terreo consta dunha área pechada e cercada por matos da zona, onde se sitúan pequenas edificacións que simulan antigas construccións de carácter celta.

Estas construccións, deseñadas a semellanza das tradicionais pallozas, están formadas por un peche de mampostería de pedra da zona, e albergan no seu interior unha mesa e bancos de cantería, así coma unha grella. Nestes traballos, que teñen un orzamento de 120.000 euros, tamén se levou a cabo o empedrado dos accesos á zona.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, 2006-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES