Notas de prensa

Calvo garante á conselleira de Pesca e aos sindicatos o mantemento dos postos de traballo da firma en Galicia

? Carmen Gallego presidiu unha reunión en San Caetano para desbloquear a situación de incomunicación que se está a vivir na factoría da conserveira en Esteiro.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, presidiu en San Caetano unha reunión entre directivos da firma Calvo, a alcaldesa de Muros, os
membros do comité de empresa e os responsables dos sindicatos con
representación na compañía. O obxectivo do encontro era abordar a
situación pola que atravesa a conserveira tras as últimas noticias que
apuntaban o posible desmantelamento da fábrica que a firma ten en Esteiro
(Muros). Carmen Gallego sinalou ao principio da súa intervención que a
reunión non respondía a un afán intervencionista do novo Goberno galego,
senón que o que se perseguía era “serenar o clima existente na fábrica
entre os empresarios e parte do comité de empresa, e tranquilizar aos
traballadores sobre a súa situación laboral” . Para conquerilo, a
Conselleira brindou todo o apoio do seu departamento “porque entre todos
debemos atopar ese ánimo de coooperación e diálogo que non debe faltar en
ningunha empresa”.

Neste senso, e reiterando o falado fai varias semanas coa propia
conselleira, o portavoz da familia Calvo, Ramón Calvo, garantiu aos
traballadores todas as inversións que a compañía ten en Galicia e polo
tanto os postos de traballo que xenera a firma na comunidade autónoma. O
director xeral do grupo conserveiro asegurou que “a nosa empresa sempre
se distinguiu por ser galega e esto vai continuar así”, e indicou que “nós
non imos mover ningunha fábrica de Galicia”. Asimesmo, Ramón Calvo quiso
deixar claro que a dirección da empresa “sempre informou puntualmente ao
comité” e pediu responsabilidade aos traballadores á hora de facer
declaracións “dando datos erróneos sobre un conflicto inexistente”.

UGT, o sindicato maioritario no comité de empresa, así como CC.OO. e CIG
amosaron no transcurso da devandita reunión a súa postura ante a
situación da factoría e sairon da reunión organizada por Pesca coa
garantía dos empresarios de que os seus traballos non corrían ningún
perigo.

Ao remate da xuntanza, que durou algo máis dunha hora e que serviu para
desbloquear a situación de incomunicación das últimas semanas na fábrica
de Esteiro, a Conselleira de Pesca agradeceu o “bo tono” do encontro e
a presencia de todos os sindicatos “porque se a financiación é importante
tamén o é o capital humano e penso que todos os que aquí estamos somos
conscientes diso”. Carmen Gallego insistiu no apoio da Xunta de Galicia á
industria conserveira e na aposta da Administración pola formación dos
traballadores, a innovación tecnolóxica, o investimento en I+D+i “e polo
desenvolvemento de novas liñas de produtos que favorezan a diversificación
e a non dependencia dun único produto”.

A Conselleira saiu satisfeita do encontro entre a empresa e os sindicatos,
xa que “teño o compromiso de que se van manter os empregos que era o que
hoxe todos desexabamos escoitar”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES