Notas de prensa

Ricardo Varela informou ao ministro de Traballo sobre o anteproxecto de Lei Galega de Inserción Laboral das Mulleres

* O conselleiro de Traballo tivo ocasión de comentarlle a Jesús Caldera as materias que aborda o anteproxecto galego no marco da Conferencia Sectorial para Asuntos Laborais, celebrada en Madrid * Precisamente o único punto da orde do día desta XXIX Conferencia versaba sobre os aspectos en materia laboral que se recollen no Anteproxecto de Lei Orgánica de Igualdade entre Mulleres e Homes, que ven de elaborar o Ministerio * Varela destacou aspectos da lei galega que complementan as materias abordadas no Anteproxecto estatal, tales como a introdución da perspectiva de xénero en todos os ámbitos de cara á incorporación da muller en clave de igualdade, ou o recoñecemento da necesidade de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, entre outros

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, informou ao ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, do contido do anteproxecto de Lei Galega para a Inserción Laboral das Mulleres, que ven de preparar a Consellería de Traballo.

O conselleiro tivo ocasión de comentarlle polo miúdo as liñas básicas do anteproxecto, no marco da XXIX Conferencia Sectorial para Asuntos Laborais, celebrada na sede do Ministerio. Precisamente a orde do día trataba exclusivamente os capítulos que abordan materia laboral do Anteproxecto de Lei Orgánica de Igualdade entre Mulleres e Homes, elaborado polo Ministerio.

Varela trasladoulle ao ministro que o anteproxecto elaborado pola administración galega ven a complementar os contidos en materia laboral que se recollen no anteproxecto estatal, e destacou aspectos tales como a introdución da perspectiva de xénero en todos os ámbitos de cara á incorporación das mulleres en clave de igualdade, ou o recoñecemento da necesidade de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, como dereito de homes e mulleres á configuración do seu tempo buscando a corresponsabilidade.

Así mesmo, no marco normativo que regula ás cooperativas, materia na que ten plena competencia de desenvolvemento lexislativo a comunidade autónoma, se modificará co obxectivo de axustar dita normativa ao principio de igualdade no seu grao máximo, ostentando socias e socios as mesmas obrigas e os mesmos dereitos.

O conselleiro tamén comentou co ministro a integración da igualdade no emprego e, en concreto, na formación profesional e nas políticas activas de emprego, que se recolle no anteproxecto galego, establecendo que, en calquera actividade formativa se poidan implantar medidas de acción positiva, se introduzan contidos obrigatorios sobre igualdade de oportunidades e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, con profesorado especializado e, en todo caso, se fomente a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, do alumnado.

Na véspera da conmemoración do Día da Seguridade e Saúde no Traballo, Varela tamén lle transmitiu a Caldera, que outra das cuestións que se contempla no Anteproxecto de Lei Galega, xira precisamente entorno á prevención de riscos laborais, a través da integración da igualdade na política preventiva, co obxectivo de evitar desigualdades na prevención, desagregando por sexo os datos relacionados coa saúde laboral, estudando accidentes de traballo e enfermidades profesionais manifestadas sobre un dos sexos, investigando a influencia da situación de mulleres e homes na familia con relación ás necesidades laborais, establecendo formación específica en materia de saúde laboral e prevención de riscos dende a perspectiva de xénero e adaptando equipos de proteción, cirscunstancias do posto de traballo e condicións da súa execución aos diversos condicionantes de xénero. Así mesmo, se articularán medidas para combater en orixe os riscos derivados do embarazo, o paro e a lactancia e se realizarán actuacións en materia de prevención sobre colectivos feminizados.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES