Notas de prensa

Pesca fixa o inicio da parada biolóxica do polbo no 19 de maio

? O director xeral de Recursos Mariños presentoulle á Comisión Sectorial de Artes Fixas e Menores o borrador da Orde que regulará as condicións do Plan de Recuperación ? A Consellería elaborará a partires do 1 de xaneiro de 2007 plans zonais para a explotación deste recurso

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos consensuou con representantes das confrarías de pescadores de Galicia e as principais organizacións sindicais o borrador da Orde na que se establecerán as condicións definitivas do Plan de
Recuperación do Polbo, así como as bases para a concesión de compensacións
financeiras ao sector afectado pola paralización temporal da súa
actividade. Con este obxectivo, o director xeral de Recursos Mariños,
Francisco Fernández Cortés; e o director xeral de Estruturas e Mercados da
Pesca, Manuel Cabirta, mantiveron unha xuntanza esta mañá en San Caetano
coa Comisión Sectorial de Artes Fixas e Menores en Caladoiro Nacional,
integrada no Consello Galego de Pesca.

Tras esta reunión, o departamento que dirixe Carmen Gallego acordou co
sector establecer unha parada biolóxica en toda Galicia durante dous meses,
dende o 19 de maio ata o 19 de xullo do 2006. Con esta veda, a Consellería
de Pesca pretende dar o primeiro paso na recuperación das poboacións de
polbo, permitindo incorporar novos reclutas ás mesmas e aumentar a biomasa
dos individuos xa presentes no stock.

A orde consensuada hoxe cos membros da Comisión de Artes Fixas e Menores do
Consello Galego de Pesca será refrendada en breve polo Consello da Xunta
para a súa inmediata publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Compensacións a tripulantes e armadores

O Goberno galego comprométese a compensar economicamente aos pescadores
debidamente enrolados e aos propietarios dos buques con porto base en
Galicia que teñan no seu permiso de explotación a arte de nasa de polbo e
se vexan afectados por esta paralización. Neste senso, Pesca subvencionará
integramente o período de veda aos tripulantes (un total de 42 días
laborais), recibindo cada un deles 45 euros por día de parada . No caso dos
propietarios, a Dirección Xeral de Estruturas acordou indemnizarlles un
total de trinta días seguindo os seguintes parámetros: os propietarios dos
barcos que teñan unha potencia maior de 3GT percibirán cada día de paro
unha contía fixa de 30 euros, ademais de cinco euros por cada GT da
embarcación; de teren unha potencia inferior, a cantidade fixa a percibir
increméntase ata os 45 euros.

NotaPara poder acceder a estas compensacións económicas os armadores deberán acreditar que durante os anos 2004 e 2005 despacharon a nasa de polbo máis de 70 días. Ademais será necesario que, nese mesmo período, os barcos de
2,5 GT ou de máis potencia xustifiquen unha venda en lonxa superior aos
1.500 quilos, e de máis de 1.000 quilos no caso das embarcacións que teñan
unha potencia inferior. No que se refire aos tripulantes, estes deberán
acreditar estar debidamente enrolados e ter a condición de mariñeiro a lo
menos un período de seis meses no ano anterior á paralización.

Por outra banda, no momento no que se faga a apertura da pesqueiría do
polbo, a Consellería de Pesca levará a cabo un control do esforzo pesqueiro
a través de diversas medidas consensuadas co sector. Neste senso, a partir
do 20 de xullo, coincidindo coa finalización da veda, as embarcacións
limitarán as capturas a pezas dun quilo por unidade e os desembarcos de
polbo a un tope máximo de 40 quilogramos por tripulante e día. A talla do
cefalópodo poderá ser modificada a partir do 31 de decembro do 2006, sempre
e cando o estado do recurso así o permita. Asemade, o horario estipulado
para faenar no caladoiro será dende as seis da mañá ata as seis da tarde.

Plans zonais

Finalmente, o departamento que dirixe Carmen Gallego aprobará a partir do
un de xaneiro de 2007 os plans zonais de explotación do polbo, co que se
habilitará un sistema de explotacion axeitado ás características das
diferentes zonas onde se atopa o recurso. Establecerase, como mínimo, un
plan para a costa cantábrica, outro para a costa noroeste así como un para
a zona das Rías Baixas.

O Plan de Recuperación do Polbo forma parte das liñas de actuación
directas que emprendeu a Consellería de Pesca xunto co sector para
afrontar os problemas que actualmente afectan aos traballadores do mar,
entre os que se atopa precisamente o mal estado do stock do cefalópodo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES