
O presidente da Xunta asegurou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que o Goberno galego seguirá traballando para conseguir a máxima cuota de enerxía eólica posible dentro do plan nacional. Emilio Pérez Touriño lembrou a existencia dun plan de enerxías renovables 1999-2010, elaborado polo Executivo de Aznar, que cuantificaba a achega de eólica en 13.000 megavatios. O pasado ano, o ministro Montilla puxo en marcha unha revisión 2005-2010, co fin de revisar o plan anterior e no que se propón a posibilidade de que en España se produzan 20.000 megavatios de enerxía eólica no 2010.
No contexto desta ampliación de enerxía eólica, o máximo mandatario da Xunta argumento que desde o Executivo aspírase a poder mobilizar arredor de 6.500 megavatios, e a producir esa cuota, unha cifra, que, lembrou o presidente, é necesario cuantificar dentro do Plan Xeral de Enerxía.
Pérez Touriño indicou que, nestes momentos están en marcha os traballos entre o Ministerio e as comunidades para o reparto dos 20.000 megavatios. Segundo indicou o titular da Xunta, esta distribución contempla algún obstáculo de carácter técnico, porque hai que contar coa necesidade de evacuar esta producción á rede nacional.
O presidente sinalou que, actualmente, nas negociacións hai varias propostas enriba da mesa e por cuestións técnicas a máis valorada polo Ministerio é a de 3.800 megavatios, pero anunciou que, en maio, hai outra reunión. Estamos antes un proceso aberto e nada pechado, subliñou o xefe do Executivo galego, quen engadiu que o hai é un traballo entre o Goberno galego e o Ministerio, marco no que vamos a traballar ao máximo para acadar o obxectivo da comunidade dos 6.500 megavatios.
Pérez Touriño insistiu en que se trata dun sector no que temos un grande interese porque é un campo de desenvolvemento importante. Neste sentido, informou que o problema fundamental é que as peticións de todas as comunidades suman 36.000 megavatios. Neste escenario, hai que chegar a un acordo, no que teñamos a mellor marxe de produción de enerxía eólica da nosa comunidade, subliñou. Estamos no proceso de empurrar e conseguir a máxima cuota para Galicia, concluíu Touriño.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.