
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, comprometeuse esta tarde coa alcaldesa de Muros, Caridad González Cerviño, a financiar parte do equipamento interior do futuro Museo Escola Náutica de Muros, que estará ubicada na antiga fábrica de salazón local e que contribuirá ao coñecemento da cultura mariñeira. Gallego Calvar destacou neste senso a importancia de todas as iniciativas que, como a de Muros, se están levando
a cabo na comunidade galega e que teñen como obxectivo a divulgación, ao
público en xeral, de todas as actividades tradicionais do mundo do mar.
O proxecto exterior, que se iniciará este mismo ano e que conta coa
financiación do Ministerio de Medio Ambiente, vinculará a actividade
museística coa parte teórica e terá unha dotación de máis de dous millóns
e medio de euros, que se encargará de licitar Costas do Estado.
O Museo rehabilita o edificio mediante a reposición da estrutura
primitiva da cuberta en madeira e aceiro, creando un único espazo
interior cheo de historia. Contará cunha biblioteca aberta ao mar
mediante unha cristaleira, mentres que a Escola estará emprazada en tres
edificacións diferentes. No primeiro edificio, situarase a área de
administración e as aulas teóricas e contará asimesmo cun núcleo para
vestiarios, áula de buceo, piscina de práctica e un pequeno taller de
mantemento para servizo da escola e os locais técnicos. O segundo edificio
albergará unha cociña, o comedor e unha zona de descanso. Nesta planta
contruiranse tamén dormitorios tanto para os alumnos como para o
profesorado. No terceiro edificio haberá tamén dormitorios e vestiarios, e
dependencias auxiliares para o almacenamento do material de buceo e
navegación.
A alcaldesa de Muros amosouse moi agradecida polo apoio recibido por parte
da Consellería de Pesca, que contribúe a facer realidade este ambicioso
proxecto arquitectónico e educativo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.