Notas de prensa

Traballo manifesta a súa satisfación polo acordo acadado entre a CEG, UGT e CC.OO., polo que se fixa un pacto de estabilidade no sector da hostelería

* Esta é a primeira vez que se alcanza un acordo destas características, que permitirá incrementar en 11 puntos a taxa de estabilidade neste sector, o que propiciará a súa converxencia coa media estatal de estabilidade na Hostalería * As empresas que se sumen a este acordo, e elaboren plans de contratación cos que alcancen as taxas de estabilidade fixadas no pacto, poderán beneficiarse dos incentivos á contratación indefinida e á transformación de contratos da Consellería de Traballo, de contías de ata 4.200 euros

A Consellería de Traballo manifesta a súa satisfación polo acordo asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia, SN de CCOO Galicia e UGT Galicia, sobre o pacto de estabilidade para o sector da hostalería, co obxectivo de situar a este sector en converxencia co Estado.

O acordo alcanzado supón un incremento de 11 puntos sobre a taxa media do sector en Galicia, situándoa ao mesmo nivel que a taxa deste sector no conxunto do Estado.

Esta é a primeira vez que se alcanza un acordo destas características, polo que a Consellería de Traballo comprácese de que o acordo entre as partes permita remediar un dos maiores problemas do mercado de traballo en Galicia, como é a falla de estabilidade.

As empresas de hostalería que se sumen a este acordo poderán beneficiarse dos incentivos ás contratacións indefinidas iniciais e ás transformacións de contratos temporais en indefinidos, programados por Traballo que contan con contías de ata 4.200 euros.

As empresas que se sumen aos acordos sectoriais deberán elaborar un plan empresarial de estabilidade no que se prevexan a realización dun número de contratacións indefinidas iniciais ou por transformación de contratos temporais en indefinidos acadando, cando menos, as taxas de estabilidade fixadas no pacto asinado por patronal e sindicatos.

Para facer o seguimento deste acordo e analizar a contratación temporal do propio sector, no seo de cada comité provincial de emprego se creará unha subcomisión que recabará toda aquela información que considere oportuna co fin de analizar as causas da temporalidade no sector.

Neste momento o sector da Hostalería ten en Galicia unha taxa de estabilidade do 52,8%, é dicir, 10,4 puntos menos que a media do sector a nivel estatal.

Traballo fixa esta liña de axudas para este ano, naqueles sectores con maior estacionalidade. Tralo acordo acadado no sector da hostalería prevese que nun prazo breve de tempo se poidan ir consensuando acordos noutros sectores.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES