Notas de prensa

O conselleiro de Economía anuncia que o Plan Integral de Desenvolvemento de Ferrol estará listo antes de fin de ano

* José Ramón Fernández Antonio adiantou os obxectivos do Plan que definirá as liñas estratéxicas de desenvolvemento da comarca. * O Igape coordinará os traballos que incluirán accións de dinamización e diversificación produtiva, impulso e creación de capital tecnolóxico e humano, formación e infraestruturas. * No proceso de elaboración do Plan contarase coa participación de em-presarios, axentes sociais e institucións da comarca. * O conselleiro anunciou o acordo alcanzado co Ministro de Industria para a apertura dunha segunda convocatoria das axudas do Goberno central se non se agotan os fondos na que remata o 30 de abril.

El Plan Integral de Desenvolvemento de Ferrolterra estará listo a finais deste ano segundo anunció en Ferrol o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio. A elaboración do Plan suporá un paso máis dentro das iniciativas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no seu obxectivo de impulsar o desenvolvemento socio-económico da comarca ferrolana.

Segundo explicou o conselleiro, o Plan partirá dunha análise rigorosa das necesidades da comarca e definirá as estratexias axeitadas para lograr o seu desenvolvemento integral. Neste sentido, o conselleiro lembrou a importancia de que o plan recolla accións de dinamización e diversificación do tecido produtivo pero, tamén, de promoción e creación de capital tecnolóxico e humano, de formación e de infraestruturas. En definitiva, segundo explicou, conterá análises de competitividade territorial, avaliación de opcións de crecemento e liñas de actuación concretas. Fernández Antonio engadiu que no proceso de elaboración do Plan contarase coa participación de empresarios, axentes sociais e institucións da comarca de tal xeito que sexa un procedimento aberto ás aportacións de distintos colectivos.

Nesa liña de colaboración enmárcase tamén a reunión que mantivo o conselleiro coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol que reúne a Cámara de Comercio de Ferrol, Confederación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal e os sindicatos CC OO, UGT e CIG. No transcurso do encontro, o conselleiro repasou as accións desenvolvidas dende a primeira reunión, o pasado mes de novembro. Entre elas, cómpre destacar a recuperación dunha partida non executada de seis millóns de euros do Ministerio de Industria que elevou a 9,5 millónes de euros os fondos adicionais dispoñibles polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para apoiar investimentos empresariais en Ferrolterra. Esta partida complementa para o caso ferrolano os apoios que obteñan proxectos de investimento na comarca no marco das liñas de apoio do Igape. Precisamente, tanto na bases de apoio a investimentos, como na de mellora da produtividade, os proxectos que se presenten para o seu desenvolvemento en Ferrolterra contan cunha discriminación positiva tanto nos requisitos para recibir as axudas como na intensidade destas.

Acordos co Ministerio de Industria

Outro dos fitos recentes en relación co impulso da comarca foi a firma, este mismo mes, do convenio entre o Igape e o Ministerio de Industria polo que se coordinarán as accións para a selección de investimentos subvencionables na comarca. O Ministerio dispón dunha partida de 46,5 millóns de euros que inclúen 3,5 millóns para subvencións a fondo perdido e 43 millóns de euros en préstamos a tipo de interés cero reembolsables en quince años. A convocatoria para acudir a esta liña de axudas remata o próximo 30 de abril. Dado que a selección de proxectos resolverase por concorrencia competitiva, o conselleiro lembrou a importancia da presentación de proxectos. Non obstante, Fernández Antonio avanzou que xa alcanzou un acordo co ministro de Industria, José Montilla, para a apertura dunha segunda convocatoria, neste mesmo ano, se non se agotan a totalidade dos fondos dispoñibles na convocatoria aberta.

A orde de axudas do Ministerio ten como obxectivo o apoio de proxectos dirixidos á reindustrialización e dinamización tecnolóxica da comarca e abrangue accións no campo das infraestruturas técnicas, industriais e de servicios; e tamén de iniciativas industriais que xeren emprego e teñan potencial na dinamización de actividades auxiliares. Neste sentido, contémplanse actuacións tanto para a instalación de industrias de sectores emerxentes, como de sectores maduros que incorporen procesos de elevado contido tecnolóxico. Igualmente, inclúe accións en actividades industriais que diversifiquen o tecido produtivo da zona, e aquelas orientadas á agrupación tecnolóxica de empresas innovadoras apoiadas por axentes como parques tecnolóxicos ou centros de innovación.

Xornada de presentación do Igape

NotaTrala reunión mantida coa Asociación ferrolana, o conselleiro participou na xornada de presentación das novas liñas de axuda do Igape na que explicáronse as principais novidades do abanico de apoios e servicios cos que conta a axencia de desenvolvemento dependente da Consellería de Economía. O conxunto das liñas abranguen dende o apoio a investimentos e mellora da produtividade ata as liñas dirixidas a emprendedores; a iniciativas de internacionalización; a desenvolvemento de capital humano; e ao reforzamento de pemes.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES