Notas de prensa

Comeza a Feira de Productos Audiovisuais (Viaxes na Lusofonía), enmarcada na VII edición do Congreso Internacional de Comunicación Lusófona

* DÍA: 20 de abril de 2006 * LUGAR: Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago * HORA: A partir das 18 horas

O xoves, día 20 de abril, a partir das 18 horas comeza na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela a sétima edición do Congreso Lusocom cunha Feira de Productos Audiovisuais (Viaxes na Lusofonía), que se desenvolve de xeito paralelo ó encontro científico, ata o día da súa clausura, o sábado 22 de abril.

Programa de proxeccións da Feira Audiovisual: Viaxes na Lusofonía

* XOVES 20 QUINTA
- 16:00 Sala de Visionado 1 (V1) Olladas sobre Brasil (120’)
Silva. Beto Sporkens. Docu. 18’. BRASIL
Isso, aquilo e aquilo outro. Miriam Chnaiderman. Docu. 35’. BRASIL
Ó Antenor, igualmente nós. A.C. Cirino, J. Carvalho, M. Costa, M. Rattes e P. Gomes.
Docu. 10’. BRASIL
A urgência. Dellani Lima. Experimental. 4’. BRASIL
Olhar transeunte. Anna Lucchese. Docu. 33’. BRASIL
Estudo etílico para construção de uma estrada real. Pedro Urano. Docu. 20’. BRASIL

- 16:00 Sala de Visionado 2 (V2) Viaxes no tempo, viaxes no espazo (110’)
From park to park. Tito Guedes e Manuel Ogando. Experimental. 4’. PORTUGAL
Sao Paulo, Saudades do futuro. Marie-Clémence & César Paes. Docu. 52’. BRASIL
Cidade em movimento. Vasco Santos e Frederico Gonçalves. Experimental. 3’. Portugal
Duas histórias de prisao. Ginette Lavigne. Docu. 52’. PORTUGAL

- 18:00 Auditorio da Facultade. Apertura da Feira
Proxección do filme inédito de Carlos Velo Terras do Xicle

- 19:00 Auditorio da Facultade. Viaxes en África (150’)
Mar e Selva (Mionga ki ôbo). Ângelo Torres. Docu. 50’. SAO TOMÉ
Batuque, a alma dun povo. J. Silvão. Docu. 50’. CABO VERDE
Histórias da música angolana. Jorge António. Docu. 50’. ANGOLA

* VENRES 21 SEXTA
- 11:00 V1 Cinema Novísimo de Brasil (75’)
O cao sedento. Bruno de Sales. Fición. 10’. BRASIL
Leviatá. Camilo Cavalcante. Fición. 20’. BRASIL
O escritor das ruas. Marcelo F. Sampaio e Tote Justino. Fición. 12’. BRASIL
Sacanagem poética para as novas gerações. Dellani Lima. Experimental. 4’. BRASIL
O cao engarrafado. Anna Lucchese. Fición. 10’. BRASIL
Ah! Eu já la mesmo pedir notícias dele…. Louise Ganz e Dellani Lima. Experimental. 3’. Brasil
Capítulo primeiro. Roberto Maxwell. Fición. 17’. BRASIL

- 12.15 V1 Feito aquí (135’)
Titirimundi. Marcelo Martínez. Docu. 6’. GALICIA
Manuel María. Fala e terra desta miña terra. Margarita Ledo. Docu. 27’. GALICIA
Rúa Limia, s/n. Teresa Barberena. Fición. 10’. GALICIA
O Mito de Venus. Cristina Castro, Carmen Costa, Jacobo Rey, Silvia Roca e Nuria López. Docu. 16’. GALICIA
Wolfram. Antón Álvarez, Inés Colmeiro, Miguel Lamas, Cristina Mouriño e Claudio Pan. Docu. 10’. GALICIA
Cabodomundo. Comba Campoy. Fición. 30’. GALICIA

- 14:30 V1 Creando historias (90’)
Lixo verbal. Fernando Pujalte. Fición. 5’. GALICIA
A dúas velas. Quique Otero. Fición. 5’. GALICIA
En Plan Galicia. Quique Costas. Fición. 5’. GALICIA
O señor do Telexornal. Alex Sampaio. Fición. 5’. GALICIA
As muxicas. Carlos A. Alonso. Fición. 18’. GALICIA
Como foi o conto. Alberte Pagán. Fición. 31’. GALICIA
A boa caligrafía. Alex Sampaio. Fición. 20’. GALICIA

- 16:00 V1 Recreacións do real (150’)
Ave Maria ou Mãe dos Oprimidos. Camilo Cavalcante. Docu. 9’. BRASIL
Gosto de ti como és. Sílvia Firmino. Docu. 56’. PORTUGAL
Branco e negro. Daniel Blaufuks. Fición. 21’. PORTUGAL
História da Eternidade. Camilo Cavalcante. Fición. 9’. BRASIL
Documento Boxe. M. Clara Vasconcelos. Docu. 53’. PORTUGAL

- 18.30 V1 É todo verdade (150’)
Tinta Fresca. Paula Alzugaray e Ricardo van Steen. Docu. 52’. BRASIL
Muvart. J. A. Nhantumbo. Docu. 52’. MOZAMBIQUE
Bissau d’Isabel. Sana na N’hada. Docu. 52’. GUINÉ BISSAU

- 18.30 V2 Elas teñen a palabra (140’)
Estrela da tarde. Madalena Miranda. Docu. 26’. PORTUGAL
D. Nieves. Miguel Gonçalves Mendes. Docu. 30’. PORTUGAL
Mulheres da terra. Liliana Liberato, Mariana Puga, Xandra Stefanel. Docu. 20’. BRASIL
Coisa dos homens. Rafael Miyashiro, Belkis Trench. Docu. 35’. BRASIL
City skin. Telmo Ramos. Experimental. 3’. PORTUGAL
Naquele bairro. Madalena Miranda. Fición. 26’. PORTUGAL

- 21:30 Auditorio da Universidade, Campus Sur
Concerto de Uxía

* SÁBADO 22

- 10:00 V1 Cidades en (de)construción (120’)
Foi através da necessidade. Ana Lúcia Ferraz. Docu. 20’. BRASIL
O arquitecto e a Cidade Velha. Catarina Alves Costa. Docu. 72’. CABO VERDE
Madrugadas. Rui Simões. Docu. 24’. PORTUGAL

- 12:00 V1 Olladas sobre Portugal (90’)
A guerra no Iraque. Leonor Areal. Docu. 25’. PORTUGAL
No jardim do mundo. Maya Rosa. Docu. 65’. PORTUGAL

- 12:00 V2 O cinema é do pobo (75‘)
CCCV, Cine Clube Carlos Varela. Ramiro Ledo. Docu. 65’. GALICIA
Tudo Punk é católico. Carlos Magno e Bruno Pacheco. Experimental. 7’. BRASIL
Cançoes de Dili. André Bechelane. Docu. 10’. TIMOR LESTE

Máis información en: www.lusocom2006.com

Gabinete de Comunicación da USC + Gabinete de Comunicación Lusocom 2006, 2006-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES