BASES
1.- ORGANIZACIÓN
a) Promotor.- O organismo patrocinador do Concurso é a Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Celanova.
b) Xurado.- O xurado do concurso será presidido polo Presidente da Asociación de Amigos da Banda de Celanova, ou persoa en quen delegue de forma expresa. Ademais formarán parte do mesmo: Un vocal da Asociación, un vocal representante do colectivo musical e un técnico en representación dos socios.
As funcións de secretariado do citado xurado serán asumidas polo secretario da Asociación.
c) Premios.- Establécese un premio que constará dunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural da comarca e 200 euros en metálico.
2.- PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
a) Prazos.- As propostas poderán presentarse ata o 1 de xuño do presente ano.
b) Entrega.- Os traballos presentaranse en dous sobres pechados:
b.1) O primeiro sobre conterá o deseño, que se presentará baixo un lema escrito no exterior do devandito sobre e no anverso do propio deseño.
b.2) O segundo sobre incluirá os datos do concursante.
b.3) Ámbolos dous sobres irán identificados no seu exterior co lema do traballo e coa lenda Para o Concurso de Logotipo da Banda de Música Municipal de Celanova.
b.4) Os traballos poderán presentarse persoalmente ou por correo ordinario, en:
Oficina de Información Xuvenil
Concello de Celanova:
Baixos do Concello
Praza Maior, 1
32.800 Celanova (Ourense)
c) Presentación.- Tódolos traballos presentáranse en soporte ríxido, papel pluma, de formato A3 en versións color e branco e negro. Os concursantes deberán ter en conta a reproducción do traballo tanto en papel (catricomía ou branco e negro) así como en obxectos de promoción (pins, camisetas, etc..) No dorso dos traballos orixinais deberá aparecer o pseudónimo utilizado para participar no concurso.
d) O concurso está aberto a calquera persoa, xa sexa profesional ou afeccionado o mundo do deseño gráfico, así como a entidades ou empresas especializadas.
e) O número de propostas que poderá presentar cada concursante limítase a dúas.
f) A documentación presentada deberá expoñerse coa maior claridade posible, adecuado a proposta ás bases de concurso.
3. DA RESOLUCIÓN DO CONCURSO
a) O Xurado decidirá as propostas que serán admitidas e levantará acta enumerado as realizadas e indicando aquelas que foran excluídas e os motivos da exclusión.
b) A selección definitiva do escudo ou logotipo realizaranse dentro dos trinta días hábiles posteriores ó día último fixado para a presentación das propostas. O traballo seleccionado será difundido a través dos medios de comunicación de carácter local.
c) Unha vez producido o fallo procederase a apertura dos sobres que conteñen a identificación dos concursantes.
d) Antes da disolución o Xurado levantará acta do fallo na que figurará a autoría do premio concedido e unha valoración razoada da súa concesión.
4. DEREITOS DE PROPIEDADE
a) O logotipo gañador pasará a ser propiedade da Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Celanova, renunciando o seu autor ó cobro de calquera dereito sobre a propiedade intelectual do traballo.
b) Contra os acordos que adopte o Xurado do concurso, en especial con relación ós traballos seleccionados non procederá reclamación algunha, agás que exista constancia de que foi vulnerado algún aspecto dos estipulados nas presentes bases.
5. SELECCIÓN SE TRABALLOS
Os traballos non seleccionados poderán ser recuperados, unha vez identificada a autoría do mesmo, a partir dos quince días seguintes á data en horario 9:00 a 13:00 na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova, agás o traballo premiado. Pasado este prazo, os traballos que non sexan recollidos pasarán ó arquivo da Banda Municipal de Celanova.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.