
Despois dun parón durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo pola encarga do Centro Dramático Galego á directora Ana Vallés de crear e dirixir o espectáculo Illa Reunión, as novas citas de Historia Natural son:
29 de abril - Gran Teatro Falla - Cádiz
7 de maio - Teatro Jofre - Ferrol
19 de maio - Festival Teatro Gayarre - Pamplona
27 de maio - Festival Internacional de Teatroyartesdecalle TAC - Valladolid
23-24-25 de junio - Festival Internacional En Pé de Pedra - Compostela
18 de octubre - Festival Les Translatines - Bayona (Francia)
O espectáculo estreado o 16 de xaneiro de 2005 no Teatro Principal de Santiago de Compostela recibiu o Premio do Público ao Mellor Espectáculo da XIII Feira do Teatro de Galicia e o Premio ao Espectáculo Mais Orixinal e Innovador do Festival Internacional de Teatroyartesdecalle TAC de Valladolid e ademáis o Premio María Casares á Mellor Iluminación do Teatro Galego 06.
Actuacións máis importantes realizadas con Historia Natural (eloxio do entusiasmo):
XIII Feira do Teatro de Galicia (Santiago de Compostela)
XI Festival Internacional de Teatro y Artes de Calle (Valladolid)
X Festival do Eixo Atlántico FESTEIXO (Viana do Castelo - Portugal)
XXVIII Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica FITEI (Porto - Portugal)
25ª edició Fira de Teatre al Carrer de Tárrega (Tárrega)
Teatro de La Abadía (Madrid)
BAD 7º Festival de Teatro y Danza Contemporánea (Bilbo)
XVI Muestra Internacional de Teatro Contemporáneo (Santander)
IV Festival VEO Vàlencia Escena Oberta (Valencia)
Historia Natural reúne teatro, danza e música en directo e está integrado por once intérpretes (6 actores, 2 bailaríns e 3 músicos) de distintas procedencias: Galicia, Madrid, Andalucía e Canarias. Con dirección e textos de Ana Vallés, citas de Peter Handke e o espazo e a iluminación de Baltasar Patiño.
Actores - bailaríns - músicos: Daniel Abreu, Mariu del Amo, Helen Bertels, Antón Coucheiro, Roberto Leal, Emma Silva, Guillermo Weickert, Sergio Zearreta; frauta - Luis Soto, André Cebrián; tuba - Hugo Portas, Plablo Emilio; trompeta - Ramón Llatser, Eliseo Penín
Produce: Matarile Teatro - teatro galán
Coproducen: IGAEM, INAEM, Concello de Santiago
Colaboran: Padroado da Cultura Concello de Narón, Fest. Int. Teatroyartesdecalle TAC (Valladolid)
As descricións dunha historia natural e o entusiasmo como perseveranza do sentimento. A ollada do que contempla o público desde o refuxio da privacidade. E ao revés: o xuízo social do acontecemento privado. ¿Onde remata o espazo público e comeza o privado? A saudade continua dunha paisaxe perdida, dun espazo vital descoñecido pero sempre buscado. A eterna esperanza de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, cando o bosque avance.
Matarile segue a apostar por un teatro que funde distintas linguaxes escénicas, un teatro que se arreda dos personaxes para reflectir as persoas que somos e a vida que vivimos, un teatro da suxestión que comunica directamente co espectador por medio do movemento, a palabra, a ironía, o humor, a complicidade e a imaxe.
MATARILE TEATRO créase en Santiago no ano 1986. Puxo en escena 20 espectáculos, numerosas performances e colaboracións con outras compañías. Presentou os seus espectáculos en Francia, Portugal, USA, Inglaterra, Iugoslavia, Italia e Alemaña.
Fotografía: Mónica Couso
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.