A ASOCIACIÓN DE ESTUDOS FILOSÓFICOS DOUTOR CASTRO é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito galego e con sede en Lugo nada en abril de 2005 que, tendo entre os seus obxectivos a promoción e difusión da filosofía como eido de pensamento crítico, presenta a biblioteca de filosofía en galego sita na páxina web www.asociaciondoutorcastro.org. A elaboración desta biblioteca virtual é froito dos esforzos da Asociación no primeiro terzo de 2006, obtendo unha potente ferramenta de busca de textos de filosofía (tanto libros como artigos e documentos de audio) elaborados na lingua galega, co que se amplía a oferta de contidos do Portal de Filosofía.
Convencidos como estamos na A.E.F. Doutor Castro de que a promoción e difusión da filosofía como discurso crítico non se debe circunscribir exclusivamente á análise dos textos dos nosos clásicos, preténdese coa biblioteca de filosofía en galego dar pulo ó pensamento vivo e actual, ós creadores e creadoras dos nosos días que con moito esforzo e unha importante dose de compromiso coa lingua galega, decidiron empregala para cultivar o pensamento.
Ademais, de cara ós usuarios da rede, coa biblioteca de filosofía en galego pretendemos pór o noso graíño de area para rachar co prexuízo de pensar que non merece a pena escribir nin ler ensaios filosóficos en galego, ou peor aínda, que non hai filosofía escrita en galego.
Por mor de todo isto, congratulámonos de poder celebrar coa Biblioteca de Filosofía en Galego o aniversario da nosa Asociación.
A BIBLIOTECA:
O día 17 de abril de 2006 cumpriuse o obxectivo prioritario da A.E.F. Doutor Castro para o primeiro terzo do ano. As características da biblioteca permitirán de xeito moi sinxelo e intuitivo:
A busca en base ós autores.
A busca por títulos de obras, ben sexan libros, ben artigos en revistas especializadas, ben conferencias e comunicacións de diferentes congresos e xornadas. Tamén poderase atopar a referencia a documentos de audio.
A busca temática, de traducións dos clásicos universais, ou por data.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.