Notas de prensa

Innovación e Industria anuncia a transformación do CIS-Madeira nun Centro de Competencia que potencie o I+D+I no sector

* O Director Xeral de I+D+I fixo este anuncio no marco dunha reunión entre a Consellería de Innovación e Industria e a xunta directiva do Clúster da Madeira de Galicia * A Consellería de Innovación e Industria encargará un estudo para a análise e diagnose do sector madereiro e para o desenvolvemento do CIS-Madeira como un Centro de Competencia

Salustiano Mato de la Iglesia, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria, anunciou a transformación do Centro de Innovación e Servizos da Madeira (CIS-Madeira) nun Centro de Competencia para o sector, que se caracterice pola súa suficiencia económica e a súa excelencia científico-tecnolóxica. O Director Xeral de I+D+I fixo este anuncio á Xunta Directiva do Clúster da Madeira de Galicia, no marco dun encontro de traballo mantido en Santiago de Compostela. Nesta xuntanza participaron tamén a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, e o director xeral do CIS-Madeira, Francisco Pedras.

Co fin de potenciar e desenvolver a innovación na cadea empresarial e de impulsar o seu posicionamento competitivo no mercado global, a Consellería de Innovación e Industria considera necesario mellorar o coñecemento dos procesos de innovación nas empresas galegas da madeira. Con este obxectivo, a Consellería de Innovación e Industria encargará próximamente un estudo para a definición do marco de carácter estratéxico que oriente o desenvolvemento do CIS-Madeira como un Centro de Competencia, e as políticas de I+D+I relacionadas (asignación de recursos públicos de investigación e articulación do subsistema de innovación da madeira, entre outros aspectos).

UN CENTRO AO SERVIZO DO SECTOR DA MADEIRA

O CIS-Madeira, como un organismo dependente da Consellería de Innovación e Industria a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, ao servizo da industria da madeira galega, tén como obxectivo contribuir a mellorar a posición competitiva das empresas, propiciando un aproveitamento óptimo dos recursos forestais e unha maior aplicación e calidade dos seus produtos derivados.

Para contribuir ao complimento deste obxectivo, o estudo que a Consellería de Innovación e Industria vai encargar ao Grupo de Investigación G4+ do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo, permitirá realizar unha análise e diagnose do sector da madeira en Galiza e concluir cunhas propostas básicas para potenciar e desenvolver a innovación na cadea empresarial da madeira e dispor das ferramentas e instrumentos necesarios para o desenvolvemento do CIS-Madeira como un Centro de Competencia.

REESTRUTURACIÓN DO CIS-MADEIRA

“O Centro de Innovación e Servizos da Madeira debe ofertar os servizos tecnolóxicos que demande a industria” -suliñou Salustiano Mato- “e, sobre todo, debe liderar as liñas estratéxicas en investigación, desenvolvemento e innovación que o sector empresarial defina. Este estudo permitirá decidir de qué maneira compre configurar o Centro de Competencia e unha posible Plataforma Tecnolóxica para o sector”.

Esta transformación, que será liderada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Innovación e Industria, implicará a todos os axentes vencellados ao sector da madeira en Galiza: as empresas, a través do Clúster e das outras asociacións empresariais do sector, a Administración, que exercerá o impulso e coordinación, e os organismos públicos de investigación, que poñerán o coñecemento. Algunhas das consecuencias desta reestruturación serán: a duplicación do persoal técnico e investigador do CIS-Madeira e un aumento significativo no seu volume de facturación e no número de actividades e liñas de traballo.



Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES