Notas de prensa

Premios aos mellores carteis sobre comunicación audiovisual

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Social, organizou un concurso no marco do curso de Deseño Gráfico e Retoque Fotográfico do Programa de Formación 2005-2006 do Centro Multimedia de Galicia (CMG).

Mónica Pérez Mouriño (de Pontevedra), María Paz Sangiao (de A Coruña) e José Manuel Varela Míguez (de Santiago) foron premiados no concurso de carteis no marco do curso de Deseño Gráfico e Retoque Fotográfico levado a cabo dentro do Programa de Formación 2005-2006 promovido pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

O primeiro premio recaeu en Mónica Pérez Mouriño, o segundo en María Paz Sangiao e o terceiro en José Miguel Varela Míguez que recibiron unha cámara fotográfica dixital cada un deles. En total participaron no concurso 33 alumnos de distintas localidades galegas.

O xurado, composto polos profesores do Curso de Deseño Gráfico e Retoque Fotográfico e técnicos do Centro Multimedia de Galicia (CMG) valorou a orixinalidade, o contido e tratamento do tema, o esforzo e dificultade, a capacidade informativa, a expresiva e a presentación do cartel en xeral.

O curso, emitido por videoconferencia desde o CMG de Santiago e que rematou o pasado 30 de marzo, contou con alumnos das distintas aulas multimedia que o CMG ten distribuídas por toda Galicia.

Co obxectivo de formar a sociedade galega no emprego das novas tecnoloxías multimedia, o CMG vén desenvolvendo desde o ano 2000 uns programas de formación gratuítos emitidos desde o CMG á Rede de Aulas Multimedia, a través da Autoestrada Galega da Información.

Gabinete de Comunicación Nortideas ([email protected]), 2006-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES